A Xunta aproba un proxecto de mellora na Illa de Ons

Este plan, ao que se destinarán máis de un millón de euros, levará a cabo accións de acondicionamento nas infraestruturas da illa
Illa de Ons. GONZALO GARCÍA
photo_camera Illa de Ons. GONZALO GARCÍA

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar a aprobación dun plan de acondicionamento e rehabilitación que será acometido na Illa de Ons. Este terá como obxecto a aplicación de diversas melloras nas infraestruturas básicas, así como un aumento da dotación de servizos e da accesibilidade á propia illa.

Entre as áreas de actuación atópanse o punto de acceso a Ons, o centro de información, a rúa principal da vila ou a contorna da depuradora. O proxecto tamén inclúe a mellora da accesibilidade ás praias do sueste, da sinalética e do mobiliario dos espazos públicos, así como a recuperación dos camiños da illa e a habilitación dun espazo máis protexido e privado para os pescadores no almacén para dornas.

Desta forma, a posta en marcha da primeira fase das accións levará a cabo unha recuperación da calidade do espazo público nas vías que presenten un uso máis intenso. Para isto acometeranse actuacións de renovación dos acabados, introducindo materiais naturais e locais como o granito e a madeira.

A mellora dos roteiros será realizado a partir do acondicionamento da capa de pisada naquelas áreas nas que os camiños viran deteriorada súa superficie de tránsito por motivo das accións da interperie. Nestes propóñense habilitar diversos puntos de descanso á beira das sendas, conformados por un macizo de pedra baixo colocado sobre a terra co que se pretende reducir o impacto visual, nun intento de camuflarse coa contorna natural que os rodea. Ademais, o proxecto considera mellorar as instalacións eléctricas da vía principal.

Este proxecto, para o cal se destinará un investimento de 1,4 millóns de euros, está enmarcado nos 12 BIC de titularidade pública galegos, dentro do Plan Xacobeo Next Generation.

Comentarios