A Xunta concede cerca de 50.000 euros en axudas ao comercio de Marín

O CCA Estrela de Marín e a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos foron as entidades beneficiarias das subvencións
Encuentro entre Luisa Piñeiro y María Ramallo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Encuentro entre Luisa Piñeiro y María Ramallo. GONZALO GARCÍA

A Xunta de Galicia vén de conceder 360.278 euros a seis asociacións e 36 comercios das bisbarras de Pontevedra e O Morrazo para impulsar investimentos por 615.091 euros no marco de senllas liñas habilitadas para apoiar ao sector a través dos colectivos e da orde de impulso á innovación, a dixitalización e as novas formas de comercialización dos establecementos.

Por este motivo, a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, desprazouse este sábado ata Marín para manter, xunto coa alcaldesa, María Ramallo, e a edil Cristina Acuña, un encontro coas presidentas do Centro Comercial Estrela de Marín e da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, Isabel Torres e Begoña Rosales, que son dúas das entidades beneficiarias con axudas de 40.005 e 9.800 euros, respectivamente, para a realización de iniciativas de promoción do sector do comercio.

Durante a visita, a representante autonómica, que coñeceu o funcionamento do mercado marinense, interesouse polos proxectos subvencionados, que consistirán nun escaparate virtual e unha campaña de dinamización comercial e de fidelización dos clientes no caso da asociación Estrela e do desenvolvemento da plataforma de venda Mercadomarin, a adquisición dunha moto eléctrica para entregas e reparto e as campañas promocionais do Nadal e do Entroido na Praza de Abastos.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, quixo agradecer á delegada territorial a súa presenza, sobre todo nun día que "es crucial e importante a raíz de las medidas restrictivas puestas en vigor". A rexidora tamén quixo pedir a colaboración da cidadanía, xa que a Praza de Abastos, "tiene mucha actividad los sábados por la mañana y entre todos queremos tratar de seguir teniéndola con todas las garantías. Se trata de seguir manteniendo un centro de trabajo". 

Ramallo agradeceu as axudas que ano tras ano reciben Estrela de Marín e a Praza de Abastos para as distintas iniciativas que levan a cabo e que lles permiten dinamizar a súa actividade.

Pola súa parte, Luisa Piñeiro agradeceu o encontro para coñecer de primeira man os plans de futuro "dun sector estratéxico para Marín e para toda Galicia" e valorou moi positivamente as iniciativas impulsadas por estas dúas asociacións, xa que cre que "poden ter un grande alcance para axudar decisivamente ao comercio nun momento especialmente complicado pola crise sanitaria e serán importantes para a reactivación socioeconómica de Marín". 

Máis de 32.000 euros para Bueu
A Xunta concedeu tamén subvencións á Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Bueu e Bueucentro, que recibiron 9.800 e 22.240 euros, respectivamente.
Dixitalización
Tamén se outorgaron 223.193 euros a 36 establecementos comerciais para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento global de 393.846 euros.

Comentarios