Un 69,5% de participación e ningún positivo no cribado poboacional de Meaño

En total, foron 1.277 os veciños que se achegaron a realizar as probas
Imagen del cribado de Meaño. RAFA FARIÑA
photo_camera Imagen del cribado de Meaño. RAFA FARIÑA

Os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no Concello de Meaño pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de covid-19. Este cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Meaño a tarde do pasado luns e a do martes.

Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.277 cidadáns de entre 30 a 60 anos de idade, cifra que representa unha porcentaxe do 69,5 por cento da convocatoria voluntaria.

Para levar a cabo dito cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

Comentarios