Aitana dá o pistoletazo de saída ao Maestral

O recinto xa está case listo para acoller os concertos de Aitana e Hombres G, que abrirán esta fin de semana o festival de Sanxenxo
Parque empresarial de Nantes, donde se celebra el Maestral Music Festival. DP
photo_camera Todo preparado para el Maestral. EMILIO MOLDES

Aitana aterra este sábado en Sanxenxo para darlle o pistoletazo de saída ao Maestral Music Festival. Fóra do recinto, ubicado no Parque Empresarial de Nantes, xa esperan os fans da triunfita, desexando xa que comece o concerto e poder escoitar en directo as cancións do seu primeiro álbum de estudo, Spoiler

Ela será a encargada de comezar un mes de agosto que vén cargado de concertos neste festival. Os segundos en saír a este escenario será o grupo Hombres G, que ofrecerán un concerto o domingo no que os máis fans poderán revivir cancións da súa xuventude como Devuelveme a mi chica.

Para a noite do luns o escenario está reservado para La Noche Party FM, un concerto da emisora na que estarán como artistas invitados Andy y Lucas, Lérica, Bombai e Atacados. Esta cita musical é de entrada gratuíta e as persoas que queiran asistir pódeno facer collendo as invitacións a través da propia páxina web da emisora ou en varios establecementos do municipio.

Pero non todo vai ser música. O humor chegará o martes da man do cómico Santi Rodríguez, que presenta o seu novo espectáculo Como en casa de uno...(en ningún sitio), cuxa entrada tamén será de balde.

PARA COMER. No festival tamén vai ser necesario repoñer forzas. Para iso a organización instala pequenos stands onde os festivaleiros poden adquirir, entre outras cousas, pizzas, hamburguesas, bocadillos e crepes. Ademais, tamén haberá varias barras de bebidas nas que os asistentes se poderán refrescar.

VENDA DE ENTRADAS. A poucas horas de que comece o festival, Pablo Alcalá, director do Maestral Music Festival, asegura que as entradas vendidas para os primeiros concertos xa superan a metade do aforo do recinto. A pesares de que o director do festival asegura que "se han despertado muy tarde en algunos casos, las velocidades de compra de entradas ahora mismo no tiene nada que ver con los orígenes del festival".

Alcalá tamén adianta que "hay algún concierto más adelante que prácticamente ya roza el sold out", polo que se queda algún rezagado que quere acudir a algúns dos concertos que ofrece este festival en Sanxenxo é mellor que se faga xa coas súas entradas para non perderse ao seu artista favorito.

CONTRATACIÓN. Este festival trae consigo a creación de 80 postos de traballo, tanto directos como a través das empresas contratadas. Este persoal comprende aos camareiros, azafatas, persoas encargadas de cargar e descargar todos os materiais necesarios, riggers, montadores, electricistas, fontaneiros, persoal de producción, e enxeñeiros. Estes 80 empregados proceden na súa maioría do municipio e en liñas xerais da provincia de Pontevedra.

Comentarios