O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, dá positivo en covid

Nos próximos días continuará a sua actividade con teletraballo
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O alcalde de Sanxenxo, o popular Telmo Martín, deu positivo en covid. O rexedor someteuse a unha proba PCR que revelou o contaxio e agora atópase na casa gardando corentena.

Segundo apuntaron desde o Concello de Sanxenxo, Martín atópase ben, só cunhas poucas décimas de febre.

O alcalde manterá a súa actividade desde a casa e exercerá as súas funcións como alcalde telematicamente.

Polo momento, non se ten constancia de máis contaxiados na plantilla municipal, pero o departamento de Prevención do Concello realizará este venres a partir de las 9:30 horas unha PCR a todos os traballadores do edificio consistorial e aos do departamento de Emerxencias.

Comentarios