Vilalonga estreará o vindeiro curso escolar o novo colexio do Revel

O novo centro educativo "será unha referencia en Pontevedra e Galicia" e conta con espazos amplos e innovadores
Membros da Consellería de Educación e do Goberno local percorreron as instalacións. GONZALO GARCÍA
photo_camera Membros da Consellería de Educación e do Goberno local percorreron as instalacións. GONZALO GARCÍA

O inicio do vindeiro curso escolar, en setembro de 2021, é a data sinalada para a estrea do novo centro educativo ubicado na sanxenxina parroquia de Vilalonga, no lugar do Revel. Así o anunciou este sábado o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante a súa visita ás obras de construción do novo colexio que se atopan, nestes momentos, "prácticamente rematadas", e na que estivo acompañado polo alcalde, Telmo Martín, concelleiros da corporación municipal, entre os que se atopaba a edil de Educación, Paz Lago, así como do xefe territorial, César Pérez. do director do CEIP Cruceiro, Ricardo Rodríguez, e representantes da construtora San José, entidade encargada da obra.

Trátase dun proxecto de grande magnitude que o conselleiro non dubidou en calificar coma "un dos centros de referencia non só en Sanxenxo, senon tamén en Pontevedra e en Galicia". De feito, o novo centro educativo, que conta cunha capacidade para 450 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria, está provisto de espazos amplos, e incorpora innovacións xa visibles como a instalación de bañeiras nos aseos de Educación Infantil, "para que sirvan de ferramenta no caso hipotético de que se puideran necesitar para a limpeza dalgún neno". Durante a visita, os membros do Goberno local tamén explicaron que o espazo proxectado para a biblioteca pasará a estar comunicado coa zona de informática a modo de "aula dixital", un pequeno cambio que fará o espazo máis dinámico e co que, ademais, gañarase amplitude.

CARACTERÍSTICAS. O edificio terá acceso directo para os autobuses escolares na mesma entrada do centro e, a falta dos últimos retoques, conta con patios interiores xa habilitados, zona de gradas, 18 aulas docentes (seis de Infantil e doce de Primaria), e un amplo salón multiusos con fío musical. A estrutura xa ten instalado o sistema de calefacción, auga, electricidade, amplos ventanais e portas exteriores, así como a inmensa maioría da cobertura de pisos e paredes, toda a vez que quedan por ultimar detalles interiores coma varandas, portas e mobiliario, así como o acondicionamento da zona exterior do centro educativo.

A obra contempla unha estrutura de tres plantas con ximnasio, comedor con usos múltiples, aulas docentes, específicas e de desdobre, aseos, conserxería, e unha área adicada a labores administrativas, con despachos para dirección, xefatura de estudos, coordinación, secretaría, arquivos, e sala de profesores e ANPAS. A zona sur da parcela estase a acondicionar para albergar unha pista polideportiva, e tamén haberá accesos independentes para o tráfico rodado e peonil, así como para persoas con mobilidade reducida. As dependencias, que destacan, en palabras do conselleiro, "polos seus servizos interiores e os plantexamentos para o alumnado", completaranse cun aparcamento.Gon 11,00 h.- IMPORTANTE. Sanxenxo   O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde, Telmo Martín, visitarán as obras do novo CEIP de Vilalonga (Lugar o Revel)., sábado, 19 dic · 11:00–12:00

DEMANDA HISTÓRICA. O conselleiro de Educación destacou o "importante investimento", de case cinco millóns de euros, co que se está a desenvolver o novo centro educativo que, segundo lembrou o alcalde, é o de maior envergadura "nos últimos 20 ou 25 anos por parte da Xunta" en obras deste tipo. Telmo Martín mostrouse satisfeito de cumprir coa "demanda histórica" da veciñanza da zona, posto que a realización do proxecto obedece a unha promesa, tamén histórica, do propio alcalde, e que en breve poderá inaugurar. Neste sentido, foi tamén o actual conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen asinou o convenio e contratou as obras na súa anterior fase á fronte de Educación e quen, agora, de novo no cargo, poderá dar a obra por rematada. Rodríguez valorou que, se ben "tardouse en executar e levar a cabo o proxecto", trátase dun "grande centro". 

A obra foi adxudicada en agosto de 2019, tras a cesión da parcela de 15.000 metros cadrados por parte do Concello á Xunta. Viuse brevemente paralizada, ao igual que moitas outras no municipio sanxenxino, a causa da covid-19. A pesar disto, tras o confinamento, pronto se volveu poñer en andamento o pasado mes de abril, ata acadar o actual estado, nunha actividade sen pausa por parte dos técnicos e operarios que permitirá que, o vindeiro mes de setembro, a promesa de Martín coa veciñanza do lugar se vexa cumprida, e que os nenos e nenas que actualmente reciben clases no CEIP Cruceiro de Vilalonga estreen unhas instalacións "de última xeración". 

Só falta por desvelar o nome que recibirá o colexio para o que, segundo sinalaron dende o Goberno local, barállanse varias opcións, aínda que polo momento "non está decidido". 

Comentarios