Ampla variedade cultural no Grove polo outono

Obradoiros e música chegan á Biblioteca Municipal e ao Auditorio
Actuación en el Auditorio de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Actuación en el Auditorio de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello do Grove ven de anunciar a súa programación cultural para o mes de novembro na que ofrecerá unha ampla gama de actividades para todos os públicos e idades. A meirande parte das citas desenvolveranse, principalmente, na Rede de Bibliotecas e no Auditorio do Grove.

O venres 4 de novembro o programa FalaRedes achegará á Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo Caderno de cores e cancións de Magín Blanco, recomendado para público familiar e infantil a partir de 3 anos. Para participar será necesaria inscrición previa.

O 18 de novembro na Axencia de Lectura de San Vicente, realizarse unha actividade para a rapazada de 5º e 6º de Primaria do CEIP As Bizocas, a cargo do persoal bibliotecario.

O mesmo 18 de novembro, na Biblioteca Municipal do Grove, a partir das 17.00 h e dentro do programa Coñecendo e gozando a biblioteca, organizarase unha sesión especial para a rapazada de 5 a 7 anos. As prazas son limitadas, polo que será necesario inscrición previa.

O 25 de novembro a biblioteca Municipal do Grove, acollerá o obradoiro creativo Okimoto cativo. A primeira sesión dará comezo ás 17.00 h e está dirixido á rapazada de 5 a 7 anos, a segunda sesión comezará ás 18.30 h para a rapazada de 8 a 12 anos. As prazas son limitadas, polo que é necesaria inscrición previa.

Música, obradoiros e actividades para os máis pequenos da casa completan a programación grovense

O sábado 26 de novembro, ás 17.00 h Kids & Us ofrecerá unha sesión de Story Times para bebés. Tamén neste caso será necesario inscrición previa.

Así mesmo durante todo o mes de novembro, o público poderá seguir visitando a exposición Orixes, Fondo antigo da Biblioteca Municipal, con obras como Antologia de Prosistas Castellanos de Manuel Méndez Pidal de 1899, La Baraúnda de Ramón Sempau de 1904, Anduriña de Jaime Solá de 1917 ou El alma de la aldea de Jaime Solá de 1918. Así mesmo, na exposición tamén se atopan os primeiros libros en galego conservados no fondo da Biblioteca como O Globo de papel de Elisa Vives de Fábregas, Editorial Galaxia 1966; Contos para nenos de Laureano Prieto, Ed. Galaxia 1968; Merlín e Familia de Alvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia 1968.

Auditorio Municipal

Durante o mes de novembro despregarse unha intensa actividade cultural no Auditorio: O 5 de novembro, ás 20.30 h, poñerase en escena a obra Smoke on the Water a cargo de Ibuprofeno teatro. O 13 de novembro, chegara ao auditorio a comedia Feminíssimas a cargo de Ste. Xeito Producións.

As entradas poderanse adquirir os días 7 e 8, de 10.00 a 13.30 h na Casa da Cultura e o día 13, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 h no auditorio Municipal.

Comentarios