martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Unha avaría non impedirá manter a axenda de resonancias previstas no Hospital do Salnés

Un equipo de resonancia magnética móbil. SILVIA CEPEDA
Un equipo de resonancia magnética móbil. SILVIA CEPEDA
Será posible grazas á cesión dun equipo de similares características por parte de GE Healthcare 

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a través da Empresa Pública Galaria, manterá este luns no Hospital do Salnés a cobertura da actividade da resonancia magnética móbil de xeito provisional utilizando un equipo de resonancia magnética de alto campo cedido pola compañía GE Healthcare -alugado á empresa Vivo Diagnósticos, que dispón de equipos de resonancia magnética de alto campo móbiles para poder solucionar unha avaría no tráiler que habitualmente transporta o equipo do SERGAS que estaba previsto proporcionase o servizo.

Empregando esta alternativa tecnolóxica conséguese que a parada técnica necesaria para a resolución da avaría no tráiler, non interfira na asistencia dos pacientes do Hospital arousán. Evítase así unha demora innecesaria no seu acceso á proba diagnóstica solicitada polo especialista, e refórzase o compromiso coa prestación da mellor asistencia posible aos pacientes do Servizo Galego de Saúde no distrito sanitario de O Salnés .

ACTIVO DESDE 2006. Desde que no ano 2006 o Servizo Galego de Saúde puxo en marcha un innovador proxecto para achegar a alta tecnoloxía aos galegos que residen en poboacións afastadas dos grandes centros sanitarios, os equipos móbiles de resonancia magnética, cada un deles cunha resonancia magnética de alta tecnoloxía, percorren os sete hospitais comarcais de Galicia para realizar probas de resonancia magnética.

Atendéronse a máis de 150.000 pacientes e evitou aos cidadáns galegos máis de vinte e dous millóns de quilómetros de desprazamentos innecesarios, o equivalente a cincocentas cincuenta voltas á terra, representando a experiencia en telemedicina máis ampla e consolidada do sistema sanitario público galego, cun enfoque de traballo en rede, que sitúa a esta comunidade autónoma á vangarda da telerradiología en España.

Máis de 18.000 pacientes do Distrito Sanitario arousán. 

A estadía periódica destes equipos de resonancia magnética móbiles no Hospital do Salnés permitiu que se atendera a máis de 18.000 pacientes pertencentes a este Distrito Sanitario, evitando con iso desprazamentos innecesarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Son equipos de resonancia magnética de alto campo de última xeración, que nuns segundos permiten que as imaxes de alta resolución do paciente poidan ser valoradas por radiólogos con ampla experiencia nesa técnica, situados no Hospital do Meixoeiro.

Unha avaría non impedirá manter a axenda de resonancias previstas...
Comentarios
ç