O Banco de Alimentos trasladarase ó vello mercado

O custo das obras será de 32.112 euros ► A adecuación do espazo dará ao edificio unha sala diafana, un aseo e unha cámara de frío
A antiga praza de abastos. DP
photo_camera A antiga praza de abastos. DP

O Concello de Sanxenxo ven de aprobar un proxecto que ten coma obxectivo acondicionar o antigo mercado da praza de abastos de Vilalonga para converterse na nova sede do Banco de Alimentos Rías Baixas. As obras de adecuación do inmoble de 211 metros cadrados conta cun orzamento de 32.112 euros. Tras a actuación no interior do edificio este pasará a ser un almacén cunha sala diáfana e contará tamén cun aseo adaptado e unha cámara de frío. Ademais, os operarios realizarán unha serie de tarefas de illamento, pintura, fontanería e electricidade e tamén mellorarán os asccesos ás instalacións.

Unha vez rematen os traballos, o Banco de Alimentos trasladarase ao mercado dende a súa actual ubicación no Centro de Interpretación de A Telleira onde se proxecta a mellora da estructura do edificio cunha redistribución dos espazos e un equipamento que seguirá os estándares de sostenibilidade e eficiencia enerxética que contribuirán á integración do entorno natural no que se atopa. O obxectivo é que A Telleira se convirta nun espazo para a difusión dos valores ecolóxicos e etnográficos da zona. Deste xeito, a pretensión da entidade local é trasladar a estas instalacións a Concellería de Medio Ambiente. No exterior contémplase a mellora do degradado entorno e da accesibilidade, polo que o goberno ten prevista unha inversión de 457.000 euros para reformar o Centro de A Telleira.

Comentarios