jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

O BNG de Sanxenxo proxecta construír un gran circuíto de lecer

A candidata nacionalista, Sandra Fernández, e o número catro, Fran Leiro, durante a presentación. J. C.
A candidata nacionalista, Sandra Fernández, e o número catro, Fran Leiro, durante a presentación. J. C.

O espazo de esparcemento emprazaríase no polígono industrial de Nantes e contaría con pistas polideportivas e unha edificación con aulas de divulgación, local de ensaio e auditorio

O Bloque Nacionalista Galego quere aproveitar parte das parcelas de titularide pública do polígono empresarial de Nantes para dar vida a unha gran infraestrutura que ofreza unha variada oferta de lecer en clave familiar, educativa e, sobre todo, que se converta en referencia para a xente moza. A candidata do BNG, Sandra Fernández, e o número catro da lista, Fran Leiro, deron onte a coñecer un dos proxectos máis ambiciosos do seu programa. Trátase da construción dun circuíto de tempo libre no parque industrial, que contaría, entre outros equipamentos, con auditorio, local de ensaio, aulas para acoller todo tipo de actividades formativas e un centro tecnolóxico.

Aínda que na presentación da iniciativa non se falou de custes económicos, Fernández Agraso asegurou que o proxecto é autosostible desde o punto de vista económico e que a súa construción podería ser unha realidade ao longo do vindeiro mandato, sempre e cando o Concello de Sanxenxo non teña que asumir novos pagamentos correspondentes á sentenza xudicial sobre a expropiación da finca das Cunchas, pertencente á familia Rocafort.

ESPAZOS ABERTOS. "Sanxenxo precisa dunha infraestrutura destas características para dinamizar o tempo de lecer", afirmou a alcaldable do BNG, que explicou que as instalacións contarían cun espazo aberto, no que se poderían habilitar diferentes pistas polideportivas, ademáis dun parque infantil e outro biosaudable, e cunha edificación de dúas prantas. A intención dos nacionalistas é que no piso superior se habilite un aula divulgativa, na que os máis cativos poidan familiarizarse con diferentes áreas a través de xogos e actividades de lecer. Ademais, tamén se destinaría un espazo específico para a colección de niños do Profe Hermida, que na actualidade permanecen "totalmente esquencidos" no Centro de Interpretación da Telleira, na parroquia de Vilalonga.

Fran Leiro indicou que entre as actividades a desenvolver para os cativos figurarán obradoiros de robótica e programación.

Transporte
Conexións co polígono
Sandra Fernández recoñeceu que a posta en marcha deste proxecto implicaría buscar alternativas para mellorar as conexións con Nantes no que ao servizo de transporte público se refire. "É evidente que existe unha carencia nese eido", admitíu. En todo caso, deixou claro que o Concello non podería asumir integramente os custes.

Outro aspecto no que incidíu a alcaldable nacionalista foi no feito de que, para ser unha infraestrutura sostible, parte dos servizos que se ofertan no circuíto deberían ser de pago.

Turismo de congresos
Con respecto á construción dun auditorio, Fernández Agraso salientou que Sanxenxo a día de hoxe "carece de instalacións" para acoller congresos de xeito habitual. "Só existe o Pazo Emilia Pardo Bazán ou hoteis que acollen estas iniciativas de xeito privado", dijo.

 

O BNG de Sanxenxo proxecta construír un gran circuíto de lecer
Comentarios