miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

O BNG urxe o Goberno a actuar ante a aparición de aves mortas na costa

Unha das aves rescatadas. ALEJANDRA-CEMMA
Unha das aves rescatadas. ALEJANDRA-CEMMA
Insta ao Ministerio de Transición Ecolóxica a investigar a procedencia dun posible vertido

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sumouse este xoves á denuncia pola aparición nos últimos días de aves "cubertas dunha substancia oleaxinosa non identificada" e dunha cor amarelenta na costa. Así as cousas, insta ao Ministerio de Transición Ecolóxica, a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, a tomar cartas no asunto e investigar se se rexistrou un vertido e a procedencia, así como establecer un plan de protección da fauna mariña afectada.

O nacionalista alerta —nun comunicado— de que moitas aves apareceron mortas na praia, mentres que outras puideron ser rescatadas con vida e trasladadas a un centro de recuperación de aves. "O número de aves que aparecen mortas está medrando de forma alarmante e ampliase a zona de influencia desta contaminación de orixe descoñecida", asegura, tras subliñar que ata agora foron atopados máis de 100 animais mortos.

Le máis: Continúan rescatando aves afectadas por un vertido de aceite na costa

Rego salienta tamén que a atención a estas aves e a súa recollida "está realizándose agora mesmo desde a sociedade civil" a través de asociacións de ornitoloxía, e coa colaboración da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). Censura así que "polo momento as autoridades públicas non se preocuparan por este asunto".

O Bloque amosa a súa preocupación polo feito de que a orixe da mancha sexa descoñecida, e asegura que a hipótese dunha limpeza de sentina ilegal "queda descartada pola intensidade e a extensión".

O BNG urxe o Goberno a actuar ante a aparición de aves mortas na...
Comentarios