Cambados | PSOE, Somos Cambados, PP y Pode buscarán mejorar resultados y Vox va sin expectativas

Los candidatos de muestran sus propuestas para mejorar la localidad
En el orden de las agujas del reloj desde el margen superior izquierdo: Samuel Lago (PSOE), Tino Cordal (Somos Cambados), Rafael Velón (Vox), Sabela Fole (PP), José Ramón Abal (Pode) e Liso González (BNG). DP
photo_camera En el orden de las agujas del reloj desde el margen superior izquierdo: Samuel Lago (PSOE), Tino Cordal (Somos Cambados), Rafael Velón (Vox), Sabela Fole (PP), José Ramón Abal (Pode) e Liso González (BNG). DP

Samuel Lago, candidato do PSOE: "Traballamos para todos, non para gardar as aparencias"

Samuel Lago. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Samuel Lago. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A dimisión da alcaldesa e compañeira de partido, Fátima Abal, fixo que se convertese en alcalde, e agora ten que refrendalo.
Temos un traballo feito que nos respalda, temos que facer que o vexa xente, e desmentir ese especie de panorama caótico que está presentando a oposición, con falsidades como a perda de subvencións ou vídeos manipulados. Optaron por esa estratexia en lugar de presentar propostas.

No debeu ser sinxelo porque tiveron que traballar sen cobrar?
Este mandato foi o máis difícil, porque polo tema da covid tivemos que redistribuír os recursos para axudar as familias. A suba dos prezos tamén repercutiu moito. Traballei tres anos sen cobrar, saíndo unha hora antes do meu traballo pola mañá e dedicándolle as tardes ao Concello.Un tempo que tiven que restarlle á familia.

Vende moito inaugurar, pero os veciños tamén queren servizos.
Sempre quixemos facer obras útiles, que non son pequenas. Temos varias de 300.000 euros. O que non fomos é a obras millonarias porque o primeiro é cubrir as necesidades básicas da xente. Pero aí está a reforma da Praza da Xuventude (máis de 200.000 euros) ou da Praza de San Gregorio. Temos aprobadas as da Praza das Rodas e de Fefiñáns, que está comezando. Fixemos un montón de pavimentacións no rural de acceso a vivendas e a explotacións agrarias, e estendemos as redes de saneamento. Temos agora o proxecto máis ambicioso na historia desde Concello: son 1,7 millóns de euros para eliminar a depuradora do Facho, que funciona mal, e facer redes separativas en todas as rúas.

Cal é o criterio que seguen?
Cambiamos o paradigma. Aquí facíase o superficial, o que se ve, as aparencias. Herdei algún proxecto, como o da rúa Sevilla, feito así, na que nós incluimos as redes separativas porque vai directa ao mar. O gran problema que temos e que vai todo á depuradora, auga da chuvia e augas fecais, desborda e provocan o retorno e malos olores nas sumidoiros, ou acaba no mar. Ese problema está casi resolto.

Cando mandaba o PP parecía inmediata a construción da nova Praza de Abastos e o proxecto segue sin ir adiante.
Houbo moitos obstáculos, moita falta de interese e, teño que dicilo, creo que se instrumentalizou por un órgano que é Portos de Galicia. Esa obra tiña que estar feita, había financiación comprometida, renovamos ese compromiso, entre a Deputación, o Ministerio e a Xunta, e agora estamos á espera de que se aprobe o Plan Especial do Porto, que está na última fase, porque eses terreos non estaban calificados como edificables e por iso non se podía. Unha vez resolto, vemos a luz no final do túnel e imos sacar adiante o proxecto.

Cambados segue a pedir a cesión dos terreos portuarios.
En 2016 solicitamos a desafectación daqueles terreos que a día de hoxe non teñen uso portuario, como o Paseo da Calzada, o das Palmeiras e onde están a estación de autobuses, o Centro de Saúde e algúns negocios privados, como tamén San Tomé. Cada vez que os utilizamos temos que pagar unha taxa a Portos de Galicia, pero as tarefas de conservación e mantemento as fecémolas nós, e non porque nos correspondan, senón porque se non as facemos, estarían abandonadas.

Chama a atención o traballo en dous temas: a discapacidade e a diversidade sexual.
Diversidade sexual e de calquera índole. Nós aquí estamos moi concienciados coa diversidade e coa igualdade, dúas palabras que veñen significando o mesmo. Por iso temos en marcha multitude de iniciativas. Tamén estamos traballando nas infraestruturas adaptadas as persoas con diversiade funcional ou problemas de mobilidade, e a idea é continuar.

A Festa do Albariño tocou teito ou hai posibilidades de seguir innovando?
A do ano 2022 foi especial porque era a edición número 70, case nada, e a primeira despois de dous anos nos que non se celebrou pola pandemia. Foi distinta: ampliámola no espazo, levando as actividades a distintos puntos, e no tempo, pasando de cinco a dez días. Esta vai ser máis normal, pero hai cousas que probamos e vamos seguir por ese camiño, como a diversificación de escenarios e no carácter dos espectáculos, pensando en xente de todas as idades.

Que perspectivas ten o PSOE de cara ao día 28?
Aspiramos a ser a forza máis votada. É a nosa meta. As maiorías neste concello van ser moi complicadas porque hai moitas forzas políticas; son seis as que se presentan en cinco teñen representación. A idea é alcanzar unha maioría que nos permita gobernar sin o bloqueo que tivemos neste último mandato.

E a ecuación, como sairía?
Pode saír de varias formas: un goberno en minoría, un pacto bipartito ou tripartito.

Cal é a sensación que está deixando a campaña electoral?
Francamente boa. Estamos facendo visitas polas parroquias, tivemos reunións cos sectores produtivos e asociativos, e a xente está satisfeita co que fixemos e coas nosas propostas.

A política local de Cambados cambiou moito en oito anos.
As cousas vense desde outro prisma. Non deben gobernar sempre os mesmos e para os mesmos, senón para todos. Non para lucirse e facer mausoleos. O noso non son as aparencias. Aí está a reforma do depósito de auga, que apenas se falou dela e é fundamental porque estaba nun estado lamentable e só se podía encher ata a metade. Son obras que non locen nin venden, pero a todo o mundo lle gusta abrir a billa e ter auga. Outro exemplo: cando chegamos había un comedor escolar e hoxe téñeno todos os centros.

Tino Cordal, candidato de Somos Cambados: "Finiquitamos unha débeda de 3,7 millóns sen subir impostos"

Tino Cordal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Tino Cordal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

En minoría, sen cobrar, e cunha pandemia. Que balance fai do anterior mandato?
Traballamos nunha situación moi complicada, na que se puxo a proba o noso compromiso con Cambados. Unha oposición destrutiva intentou asfixiar o funcionamento do Goberno, pero atendemos as necesidades dos veciños e sacamos adiante proxectos moi importantes.

Como cales?
Fixemos melloras no polígono industrial, organizamos numerosos eventos que dinamizaron a economía, como a Festa do Albariño, o Entroido, o Samaín ou Albariño no Camiño. Cambados converteuse nun referente no Nadal, cando antes non se lle daba ningunha relevancia. Sacamos adiante proxectos históricos, como a apertura do Museo Cabanillas ou a recuperación da escalinata de Fefiñáns.

Para cando será unha realidade a nova Praza de Abastos?
Parece que, por fin, se van despexando as trabas desde Portos de Galicia, porque o Plan Especial do Porto levaba estancado desde o ano 2014. Parece que non houbo moito interese por avanzar desde que chegamos nós ao Goberno. Estamos seguros de que vai ser neste mandato, e esperamos que se inicien as obras no 2024.

E a demanda de asumir a propiedade dos terreos portuarios?
É incomprensible. Parece incrible que no ano 2023, terreos que non teñen ningún tipo de uso portuario, como o Paseo da Calzada, desde hai case 200 anos, a día de hoxe teñamos que pagar un aluguer. Hai un abuso e non só con Cambados, senón tamén con outras vilas, e no noso caso é esaxerado. Tivemos problemas ata para una lectura de poemas con escolares. No Salón José Peña fixemos un investimento dun millón de euros, non nos deixaron usalo e tivemos que pagar unha taxa por cada evento, cando son sen ánimo de lucro. É incomprensible.

Unha queixa habitual e o abandono dos núcleos do rural.
Fixemos un desenvolvemento da fibra óptica ao mesmo tempo no rural que non centro urbano e as porcentaxe están por enriba do 75% no núcleo e nas parroquais. Cónstame que se avanzou en completar o asfaltado de camiños, a rede de saneamento e abastecemento. En materia cultural, organizamos actividades nas parroquias. O rural estivo atendido e apostamos por descentralizar as instalacións deportivas, que están moi concentradas no Pombal.

Cal é a situación da economía municipal?
Collemos una débeda de 3,7 millóns de euros, fomos quen de finiquitala e pasamos a ter dous millóns no banco. Só hai cinco concellos na provincia de Pontevedra que estean nas circunstancias de Cambados, e quince en Galicia. Pagamos a débeda e temos 400.000 euros a maiores todos os anos para obras e servizos. Saneamos o Concello reducindo impostos. Cambados é o concello do Salnés onde menos impostos se pagan. En materia de impulso á creación de emprego, pasamos de 1.500 persoas en situación de desemprego a menos de 700. Creáronse 400 postos neste mandato, grazas ao investimento no polígono.

Como resultou a convivencia no Goberno local co PSOE?
Foi un Goberno estable. Todo se desenvolveu con normalidade.

Pasaron de dous a tres concelleiros, Que espera do día 28?
Seguir medrando, tanto en votos como en número de concelleiros, e poñernos en disposición de liderar o vindeiro Goberno municipal

Rafael Velón, candidato de Vox: "Tengo un punto únicamente, conseguir que el rural tenga transporte"

Rafael Velón. VOX CAMBADOS
Rafael Velón. VOX 

¿Cuáles son los ejes del programa electoral que presenta?
Lo voy a decir muy cortito: tengo un punto únicamente, conseguir que el rural tenga transporte. Ese es mi objetivo uno y único, Además de eso, puedo añadir bancos para los mayores en las calles y otras cosas menores que ya no cuestan dinero. Me indigna que hayan puesto no sé cuántos campos de fútbol con césped artificial, se hayan gastado millonadas y no haya cinco o diez millones de euros para que la gente del rural pueda ir a comprar o al médico, a la farmacia o al mercadillo. Eso es una vergüenza. Un día tuve que llevar a las ocho de la mañana a un matrimonio al médico, la mujer se murió al año y medio y eso se me quedó clavado en la barriga y no lo voy olvidar.

¿Es el único planteamiento?
Voy hacer una encuesta larguísima, la pregunta es: qué quitarías de tu municipio y qué pondrías en tu municipio. Y el resto, sentido común.

¿Y respecto a otros asuntos de la vida municipal?
Nada de nada porque no lo he pensado ni conozco los problemas. Primero tengo que ganar las elecciones y conocer la verdad, no lo que digan los medios de comunicación que, lamentablemente, non son todo de fiar, y una vez que esté en posesión de la documentación, decidiré con honestidad. Tengo 79 años y no tengo tiempo de hacer carrera política.

Liso González, candidato do BNG: "Queremos que os veciños sexan os dinamizadores de vida social"

Liso González. DP
Liso González. DP

En xaneiro fixo un ano desde que é concelleiro. Como foi a aprendizaxe?
Levo participando na vida do BNG desde o ano 1995 e teño ido nas listas. Estou fogueado.

Despois do baixón de 2019, con que ánimos se presentan?
Desde unha óptica realista e pensando no traballo feito nestes catro anos por abaixo, falando coa xente que buscou outras opcións, e tamén na receptividade que estamos tendo na campaña. Queremos medrar e ser a forza que lidere un goberno de esquerdas.

Pode axudar o vento que parece soprar a favor do BNG?
Todos os inquéritos din que somos a forza que vai cara arriba. A marca suma e nós somos unha organización cun proxecto para Galiza.

Que balance fai do mandato anterior?
O orzamento non se corresponde coas necesidades de Cambados, é un suma e sigue dos da época do PP. O Concello está sen recursos humáns e a Relación de Postos de Traballo está baleira de contido. Hai que facer á xente protagonista. As fotos que sexan para os clubs e as asociacións veciñais eculturais, e que sexan os dinamizadores da vida social. A diferencial do IPC co que subiron os presupostos é de oito puntos, iso significa 380.000 euros que deixa de ter para investir.

Que plantexa o BNG?
As Normas Subsidiarias son do ano 1990 e o urbanismo está estancado, non temos vivenda nin solo para construíla. Queremos reformar a fronte litoral. É un proxecto de máis de 20 millóns de euros no que vai un aparcadoiro soterrado e 3.000 metros de zonas verdes. É un traballo moi ambicioso. Tamén queremos a integración das parroquias no Concello, sen diferenciacións.

José Ramón Abal, candidato de Pode: "Hai unha fuga de veciños e temos que reactivar o urbanismo"

José Ramón Abal. DP
José Ramón Abal. DP

Que balance fai Cambados Pode do pasado mandato?
Un balance moi positivo. Traballamos intensamente e acadamos importantes logros.

Cales subliñaría?
En viticultura fixemos presión para que se ampliaran as cotas. Ningún partido votou a favor, pero foi aprobada en Vilanova, Ribadumia e Meaño. En colleitas excepcionais, como na de 2021, pasou de 12.000 qiilos por hectárea a 13.500.

Como cualificaría a acción do Goberno local?
Tivemos un Goberno inestable. Non se puxeron de acordo os tres partidos de esquerda para gobernar, e decidimos apartarnos desa batalla fratricida para repartirse as áreas que xestionaramos nós no anterior mandato. Fixemos unha política útil e construtiva, chegando a acordos no Pleno.

Cales destaca?
Aprobáronse mocións para restablecer o servizo nocturno da Policía Local e se instalaran cámaras de seguridade nos accesos e no centro urbano. Propuxemos a rebaixa do IBI do 0,46 ao 0,40, que é o mínimo, e vai no noso programa porque foi rexeitada a moción.

Que outras propostas fan?
Unha é sobre as beirarrúas nas tres entradas, que están nun estado lamentábel. Non hai separación entre pluviais e fecais, e cando chove, a depuradora colapsa. Todos os partidos votaron a favor desa moción.

E en urbanismo?
Construír unha vivenda nova é unha misión case imposible. A reactivación é fundamental porque temos unha fuga de veciños a concellos como Ribadumia ou Vilanova.

Que expectativas se marcan?
Estamos lexitimados para pedir a confianza dos veciños, e estamos ilusionados en dar un gran salto cara a adiante.

Sabela Fole, candidata do PP: "Éramos el referente y ahora nos supera cualquier municipio"

1 Sabela Fole
Sabela Fole. DP

El PP ganó las dos últimas elecciones pero no alcanzó la mayoría absoluta. ¿Qué perspectivas tienen para esta ocasión?
No lo tenemos difícil. Tengo mucha confianza en que las cosa vayan bien. En las anteriores perdimos octavo concejal por cinco votos. La mayoría absoluta son nueve. Creo que no tendremos ningún problema para conseguir el octavo, e incluso tenemos posibilidades de llegar al noveno.

¿Cabría la posibilidad de que el PP llegase a alcanzar un acuerdo con Cambados Pode?
Nuestro objetivo es ir a por la mayoría absoluta. Si nos tenemos que sentar a hablar, ya se verá, pero vamos convencidos y no lo vemos imposible. Por ahora no nos lo planteamos.

¿Qué balance hace de los cuatro años de gestión del bipartito PSOE-Somos Cambados?
Ha sido muy negativo para Cambados. Hay un descontento que está patente en la calle y absolutamente en todos los sectores. A lo largo de estas semanas me he reunido con empresarios, anpas, asociaciones, hosteleros y con el comercio, y absolutamente nadie está contento con la gestión. El abandono es patente; las parroquias, prácticamente, no existen, se han perdido dos millones de euros de inversiones por no haberlas solicitado. Incluso las pequeñas, como la de 3.000 euros para la Fiesta de la Vieira. Antes éramos el referente de la comarca del Salnés y ahora cualquier municipio nos está superando; ahí está para verlos, Ribadumia o Vilanova están creciendo y nosotros hemos perdido comercio y vamos a perder más como esto siga a sí. Hay empresas que están teniendo problemas graves porque quieren que crecer y se están planteando marchar del polígono. Ni siquiera mantuvieron las casas de cultura de las parroquias y llueve dentro.

¿Cuáles son los ejes del programa del PP?
La básica es la limpieza y el mantenimiento, y llevar a cabo el proyecto de la Plaza de Abastos, porque quedaron hace ocho años tres millones de euros consignados y fueron incapaces, cuando es fundamental. Otro es hacer una playa en el Saco de Fefiñáns. Creemos que son proyectos que pueden revitalizar Cambados y devolverle el brillo que siempre tuvo.

¿Solicitarán a la Xunta la cesión de los terrenos portuarios?
Yo apostaría por sentarnos con Portos de Galicia y que pasasen a ser de titularidad municipal, pero las relaciones del Concello con las administraciones son muy malas y no debería ser así.

¿Qué cambiaría de la Festa do Albariño?
Hay que reorganizarla. Hay que ir de la mano del Consello Regulador y potenciar el Túnel del Vino. No podemos tener una fiesta en dos fines de semana y con dos inauguraciones y que venga la gente y se encuentre las casetas cerradas. Hay que hacerla como siempre y dar cabida a todos los gustos y edades. El xantar del Albariño ni siquiera estaba contratado unas semanas antes y los hosteleros de la calle Real no sabían si podían poner la terraza. La fiesta tiene que estar planificada con antelación.

¿Que responde a quienes afirman que la Xunta de Galicia dejó de invertir en Cambados desde que no gobierna el PP?
Eso es totalmente falso y ahí están los números: invirtió mucho en el polígono industrial, la fábrica de hielo o la lonja. Aquí se tramitaban muchísimas inversiones y no sé si por falta de personal o de interés, ahora no se hace.