martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Cambados presenta alegacións contra o Plan de Transporte Público de Galicia

Autobuses da compañía Monbus, unha das que presta o servizo entre localidades galegas. JAVIER CERVERA (ARQUIVO)
Autobuses da compañía Monbus, unha das que presta o servizo entre localidades galegas. JAVIER CERVERA (ARQUIVO)
O municipio fica fóra da liña nocturna entre concellos turísticos do Salnés

O tenente de alcalde de Cambados, Tino Cordal, ven de presentar alegacións ao anteproxecto de explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, dentro do Plan de Transporte Público de Galicia.

"Unha vez máis ponse por diante o beneficio das empresas concesionarias do interese xeral, cando debería ser xustamente ao contrario, pois mesmo en termos económicos o lóxico para facer rendíbeis as concesións, cómpre rachar o bucle no que unha política errática de transporte nos meteu nos últimos 35 anos. Non pode haber mellor transporte porque non hai viaxeiros e non hai viaxeiros porque non hai un transporte mellor", sinala o concelleiro responsable de Mobilidade e Seguridade Cidadá de Cambados.

Unha das cousas que molesta ao Goberno local é o feito de que a vila non conte cunha Liña directa exprés (é dicir, con poucas paradas) a Pontevedra, Santiago e A Coruña. "Isto supón un prexuízo en condicións de servizos públicos e polo tanto económico para a nosa veciñanza. É fundamental para o crecemento dun municipio ou de calquera outra urbe, que as comunicacións a través dos diferentes transportes, neste caso público, sexan áxiles e sobre todo existentes", argumenta Cordal.

O tenente de alcalde denuncia que Cambados queda fóra da liña nocturna que se implantará naqueles concellos turísticos de relevancia da comarca do Salnés.

Cambados presenta alegacións contra o Plan de Transporte Público de...
Comentarios