O campo de golf impulsará a accesibilidade ás parroquias de Vilalonga e Noalla

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, apostou pola viabilidade do proxecto no SU-14, descartando o antigo prantexamento no 13
Telmo Martín. DP
photo_camera Telmo Martín. DP

"Será moi bo para Sanxenxo e xa non quero contar para Noalla e Vilalonga". Con estas palabras, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, defendeu na última sesión plenaria da Corporación a viabilidade do campo de golf proxectado no solo urbanizable número 14, que entra dentro do convenio asinado recentemente coa Sareb, para realizar modificacións puntuais do PXOM con respecto ao SU-11, o su-14 e o SU-27. Tal e como asegurou o alcalde, o proxectado campo de golf público fará que quede "unida toda a zona de Vilalonga" pola vía rápida.

Neste sentido, valorou, chegarase "rápidamente á zona da igrexa do Revel, xa que despois haberá que ampliar a pista, e poñela en condicións dotándoa de alumeado para que a xente de Vilalonga entre por aí", mentres que aqueles que se dirixan a Xunca Branca farano  "polo parque empresarial".

Así respondeu o alcalde a unha pregunta da edil socialista Ainhoa Fervenza, quen se referiu tamén ao antigo campo de golf proxectado no SU-13, o solo veciño do SU-14 onde se empraza actualmente o novo proxecto. Cabe lembrar que o anterior prantexamento urbanístico proxectaba o campo de golf no SU-13, mentres que o 14 incluía a chamada 'Cidade do cabalo', destinada á hípica. "No ano 99 veu a crise inmobiliaria e quedou todo parado. Cando chegamos nós no 17 suspendimos as licencias de todos os SU para facer un estudo en profundidade e foi unha boa cousa", valorou Martín.

Deste xeito, co prantexamento do novo convenio coa Sareb, no SU-14 proxéctase agora outro campo de golf, sen que isto signifique que o municipio chegue a sumar dous destes equipamentos. "Os do SU-13 van tarde para desenvolvelo e falouse con eles", asegurou Martín, que prevé que "os do SU-14 o desenvolvan rápido" coas modificacións puntuais previstas no prazo de dous anos.

Mantemento
Valoran crear unha escola para este deporte
Telmo Martín valorou durante o debate plenario a posibilidade de crear unha escola de golf nas instalacións que se ubicarán no SU-14, que serán públicas, e que se terán que entregar  urbanizadas ao Concello. Neste sentido, no que respecta ao mantemento do campo, asegurou, "haberá que crear unha escola e para os rapaces do concello será gratuita e os outros terán que pagar". Segundo o alcalde, as instalacións poderían estar valoradas nuns "sete millóns de euros" e "queda por resolver" o relativo ao consumo da auga.

Comentarios