Comezan as catas de terreo para a eleboración do proxecto do novo Mercado de Sanxenxo

A actuación, valorada en 4,5 millóns de euros, está pendente da búsqueda de financiación entre as administracións
A empresa encargada do estudo realizará ata seis puntos de perforación de entre 12 e 15 metros de profundidade. DP
photo_camera A empresa encargada do estudo realizará ata seis puntos de perforación de entre 12 e 15 metros de profundidade. DP

O Concello de Sanxenxo vén de iniciar catas de terreo no interior e no exterior do Mercado de Abastos de Sanxenxo, enmarcadas nos traballos previos á elaboración do proxecto do novo edificio, que suporá unha reforma integral tanto da actual edificación como da zona circundante.

A empresa encargada de levar a cabo o estudo xeotécnico realizará ata seis puntos de perforación de entre 12 e 15 metros de profundidade co obxectivo de coñecer as características do terreo, en relación co edificio previsto e o entorno no que se ubicará. Segundo informou o Goberno local, estes traballos, ao igual que o estudo topográfico previsto, lévanse a cabo para poder garantir que o terreo se adecúa á futura estrutura, co fin de dotar ao edificio de "todos os criterios de seguridade e funcionalidade que o programa de usos require". 

A actuación no Mercado, que está valorada en 4,5 millóns de euros, está pendente de iniciar a búsqueda de financiación por parte do Concello entre as distintas administracións autonómicas, estatales e europeas, un paso que se dará unha vez que se poida dispoñer do proxecto.

A estrutura resultante será toda unha novidade no entorno no que se ubica o actual edificio. A proposta gañadora do concurso levado a cabo polo Concello hai uns meses, de nome Los lunes al sol, plantexa un edificio multifuncional acristalado, que acollerá non só o Mercado de Abastos, senon tamén a biblioteca municipal, salas de lectura e espazos polivalentes. Destes últimos, aínda falta por definir o seu uso. A última planta do edificio está pensada como espazo gourmet, e no soto prevese a construción dun aparcamento público que dé servizo tanto ao Mercado como á zona.

Comentarios