lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

A praia Compostela de Vilagarcía súmase á rede galega de areais sen fume

Playa de Compostela. TVG
Playa de Compostela. TVG
A iniciativa busca promover unha sociedade libre de tabaco desnormalizando o seu consumo

A Compostela será a primeira praia sen fume do municipio. O Concello xa cursou a adhesión deste areal á rede galega de praias sen fume. Unha iniciativa da dirección xeral de Saúde Pública coa que se pretende desnormalizar o consumo de tabaco e informar á poboación sobre os beneficios que ten para a saúde non fumar. E isto, nunha das contornas ao aire libre máis apreciadas, as praias: lugar lúdico e de encontro para gozar da natureza en familia e onde a presenza de nenos e nenas fainas aínda máis axeitadas para sensibilizar ao máis cativos sobre os riscos que conleva o tabaquismo activo e pasivo.

A solicitude do Concello de Vilagarcía refírese á praia Compostela (non se inclúe á Concha), que se sinalizará debidamente como praia sen fume co material (carteis, bandeiras e demais) que remitirá a dirección xeral de Saúde Pública. Como compromiso de adhesión a esta iniciativa simbólica, o Concello comprométese a desenvolver no areal actividades e accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco.

O novo distintivo de praia sen fume para a Compostela reporta outros aspectos positivos, xa que o areal vilagarcián será promocionado na web da Consellería de Sanidade e doutras entidades, incluirase en folletos turísticos da comunidade autónoma e formará parte dunha rede de excelencia, aportándolle un valor engadido

A praia Compostela de Vilagarcía súmase á rede galega de areais sen...
Comentarios
ç