sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

En Común plantea a creación dunha rede de ludotecas en Vilagarcía

En Común anunciou que se propón converter a Vilagarcía nunha cidade que resulte adecuada para vivir e ter fillos. Esta formación comprometeuse a realizar un esforzo orzamentario coa finalidade de "incrementar as capacidades de conciliación das familias, mediante a posta en marcha e o pulo dunha serie de iniciativas, como unha rede de ludotecas municipais descentralizadas ou unha cociña municipal ao servizo dos centros de ensino".

Vilagarcía en Común reivindica o papel do goberno municipal á hora de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e anuncia o seu compromiso de impulsar medidas que o permitan se consegue o goberno de Ravella despois do 26 de maio.

Entre as propostas do espazo que encabeza Suso López para esta fin figura a creación dunha cociña municipal que permita elaborar os menús para os centros de ensino cos que se chegue a acordo. Un servizo que sirva ademais de revulsivo para a economía e os pequenos produtores locais, mediante o emprego de materias primas de proximidade, adquiridas directamente ou a través da praza de abastos. A formación quere poñer tamén ao servizo das persoas maiores e as familias con menores recursos, como xeito de garantir o acceso a unha alimentación equilibrada e saudable, economicamente accesible.

En Común plantea a creación dunha rede de ludotecas en Vilagarcía
Comentarios