jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

A cuberta da pista do CEIP Nantes estará lista en poco tiempo

O deputado López Font visitou este luns a obra. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
O deputado López Font visitou este luns a obra. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

A primeira fase da actuación finalizará antes de principios de 2019

O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, pasaron revista ás obras que se están executando para a construción dunha nova pista polideportiva cuberta no CEIP Nantes. Trátase dunha obra financiada a través do Plan Concellos 2017, cun investimento que ascende a 253.131,76 euros. Os traballos comezaron hai unhas semanas e prevese que estean finalizados antes de que remate o ano, polo que o novo espazo xa estaría dispoñible para a volta das vacacións escolares de Nadal.

A actuación consiste na construción dunha nova pista polideportiva cuberta no CEIP Nantes. O centro educativo xa tiña outra pista polideportiva exterior, pero á intemperie e moi deteriorada. De aí que agora, con esta actuación, se pretende dotar ao colexio dunha nova pista, cuberta e con todas as melloras necesarias. "É unha gran satisfacción que os plans que dende a Deputación poñemos a disposición dos concellos, estes os invistan en obras que reverten na mellor calidade de vida dos veciños e veciñas e, neste caso, na poboación máis nova e no fomento do deporte, unha das apostas máis importantes tamén deste Goberno provincial", destacou Font.

Pola súa banda, Telmo Martín agradeceu á Deputación o investimento nunha obra "moi necesaria, na que estamos cumprindo os prazos e agardamos poder completala cunha segunda fase de peche do perímetro, para o que agardamos contar tamén co apoio da institución provincial", sinalou o líder do Goberno local de Sanxenxo.

A cuberta da pista do CEIP Nantes estará lista en poco tiempo
Comentarios