Unha década tendendo a man dende A Telleira

O Banco de Alimentos Rías Baixas atende aproximadamente 1.240 familias de toda a provincia de Pontevedra, entre as que só durante o pasado 2021 repartiu 110 toneladas de alimentos. Dende o inicio da pandemia puxo en marcha un fondo de Emerxencia Social que beneficia directamente a 52 familias, e que dende xaneiro vai "en aumento".
Voluntarios e voluntarias durante unha xornada de traballo nos almacéns do Banco de Alimentos Rías Baixas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Voluntarios e voluntarias durante unha xornada de traballo nos almacéns do Banco de Alimentos Rías Baixas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Nada menos que 10 anos prestando axuda a milleiros de familias da provincia, e de xeito altruísta. A Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas engade este ano un cero a unha traxectoria que dende hai moito tempo desenvolve dende o Centro de Interpretación A Telleira, en Vilalonga, onde están situados os almacéns, e que se estende non só a Sanxenxo e á comarca do Salnés, senón tamén a Pontevedra, Marín, Cangas, Poio, Caldas de Reis e Ponte Caldelas. Unha "acción solidaria en beneficio de las familias más desfavorecidas" que sae de dentro.

Tal e como explicou a presidenta da asociación, María Dora Pérez Alarcón, actualmente, e grazas á dedicación dos seus voluntarios e voluntarias, que fixeron da solidaridade un estilo de vida, a Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas atende 1.240 familias que, ao longo do pasado ano 2021, recibiron un total de 110 toneladas de alimentos chegados dende as instalacións, que no seu día foron cedidas polo Concello de Sanxenxo para o desenvolvemento da actividade.

Unha actividade que se nutre da axuda solidaria "que seguimos recibiendo de las empresas agroalimentarias en general, instituciones, colectivos y particulares que con sus aportes, no solo en alimentos, sino también en recursos económicos, hacen posible satisfacer las necesidades planteadas", explicou a presidenta.

Fotos para reportaje en el Banco de Alimentos Rias Baixas en A TELLEIRA SANXENXO Estan alli a partir de las 10 30 hasta las 13h Para cualquier indicacion podeis llamar a Dora la presi 619 16 27 01Neste sentido, para encher as grandes estanterías que ateigan a nave en A Telleira, o éxito das campañas de recollida é clave. De feito, asegura Pérez Alarcón, a maioría de alimentos recadados proveñen das Operacións Quilo, que "para nosotros son imprescindibles debido a que aportan una variedad amplia de productos".

E oito anos despois de estar de xeito diario ao pé do canón, presentouse a pandemia. A actividade dos voluntarios e voluntarias e a solidaridade veciñal volveuse máis imprescindible, se cabe. A necesidade aumentou e, lonxe de esmorecer, impúxose o valor das persoas. Tanto foi así que, dende o mesmo comezo da pandemia, a asociación puxo en marcha un programa de Emerxencia Social para abastecer de xeito directo as familias máis necesitadas. Deste xeito, actualmente son 52 as familias que reciben alimentos cada mes directamente dende a asociación. "Venimos observando que en el mes de enero de este año el número se está incrementando", asegurou a presidenta do colectivo. Isto fai prever á entidade "que nos espera un año tan duro o más difícil que el anterior en cuanto a las solicitudes de ayuda alimentaria".

Fotos para reportaje en el Banco de Alimentos Rias Baixas en A TELLEIRA SANXENXO Estan alli a partir de las 10 30 hasta las 13h Para cualquier indicacion podeis llamar a Dora la presi 619 16 27 01

SOLIDARIEDADE SEN IDADE. A xornada comeza cedo, pola mañá, e alóngase ata ben pasado o mediodía. Van chegando, cun sorriso e gañas de sentirse últiles, ao lugar que, para a maioría deles, substituíu ás obrigas laborais nesta segunda etapa das súas vidas. Na Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas non hai idade. As forzas e os ánimos só entenden de solidariedade, unha solidariedade sen barreiras na que os voluntarios e voluntarias vanse apoiando para repartir tarefas. Algúns entenden máis de inventario, e a outros tócalles carrexar caixas. Igualmente, todas as tarefas teñen a mesma importancia.

Nalgúns casos, coma o de Manuel Fernández Collado, a vontade de colaborar é tan antiga coma o propio colectivo. Como un dos membros fundadores da Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas, aos seus 88 anos continúa colaborando en A Telleira de xeito diario, cun labor que, dende o colectivo, califican de "impagable".

Xubilados, xubiladas, e caras máis novas compoñen un elenco activo que diariamente fluctúa arredor dunhas 10 persoas, nunha familia moito máis grande. "Nuestra labor no sería posible sin la desinteresada contribución de nuestros voluntarios, que con un gran espíritu de sacrificio y servicio hacen posible conseguir nuestros objetivos", sinalou a presidenta.

Entre as estanterías, arroz, pasta, leite, conservas e moitos máis produtos de primeira necesidade agardan —aínda que non por moito tempo— o seu destino final na casa das familias necesitadas ás que, sen o apoio que lles presta diariamente este colectivo, a vida faríaselles moito máis difícil. Por elas, os voluntarios e voluntarias traballan sen descanso e non o dubidan: a por outros 10 anos máis.