lunes. 16.05.2022 |
El tiempo
lunes. 16.05.2022
El tiempo

Denunciado un local de copas en Vilagarcía por exceder o horario de apertura

Un vehículo de la Policía Local de Vilagarcía. DP
Un vehículo de la Policía Local de Vilagarcía. DP
Xunto a esta denuncia, a Policía vilagarciá tramitou un total de 10 na mesma madrugada, por diversos incumprimentos da normativa sanitaria

A Policía Local de Vilagarcía denunciou na madrugada deste mércores a un local de copas situado na Avenida da Mariña por incumprimento do horario de apertura permitido xa que, tal e como informaron dende o corpo de seguridade, permanecía aberto ás 5.40 horas da madrugada, obviando a normativa de horarios de peche establecida pola Xunta. No interior do local, permanecían varios clientes consumindo bebidas.

Xunto a esta denuncia, a Policía vilagarciá tramitou un total de 10 na mesma madrugada, por diversos incumprimentos da normativa sanitaria. As restantes denuncias foron interpostas a persoas que non levaban a máscara.

Neste caso, o total de persoas denunciadas foron dúas. Ademais disto, outras sete persoas máis foron tamén denunciadas pola Policía Local por incumprimento da norma que prohibe a persoas non convivintes reunirse e saír xuntos á rúa entre as 3.00 e as 6.00 horas da madrugada.

Algunhas destas últimas denuncias correspondéronse aos clientes do bar tamén denunciado, xa que nesa franxa horaria, ademais de atoparse no local, varios deles estarían acompañados de persoas non conviventes.

Denunciado un local de copas en Vilagarcía por exceder o horario de...
Comentarios