Denuncian a unha veciña de Vilagarcía que agrediu á dependenta dunha tenda

Os axentes locais denunciaron tamén outro veciño tras insultalos e atacalos físicamente
Coches de la Policía Local de Vilagarcía. DP
photo_camera Coches da Policía Local de Vilagarcía. DP

M.G.G, veciña de Vilagarcía, foi denunciada despois de que a mediodía do pasado domingo fora identificada como a presunta autora da agresión sufrida pola dependenta dunha tenda de lambetadas e agasallos.

Ao parecer, M.G. escolleu unha bolsa de doces coa intención de marchar sen pagar. Cando a responsable do local lle advertiu que debía abonar o collido, a "clienta" estampoulle unha labazada, segundo recolle o atestado. Tras persoarse a Policía Local, a muller foi identificada e posteriormente denunciada diante da Policía Nacional.

Por outra banda, os axentes locais tamén denunciaronoutro veciño, por agresión e insultos á autoridade, despois de que ás oito da mañá do sábado J.F.C. fora visto andando polo medio da avenida do Dr. Tourón, con evidente perigo para el e para os vehículos que puideran pasar por ese vial, un dos máis transitados da cidade. Cando os axentes lle advertiron que depuxera a súa actitude e que circulara pola beirarrúa, este negouse e comezou a insultar aos axentes. Cando se achegaron a el, un dos policías foi atacado físicamente. O agresor foi despois trasladado aos calabozos da Policía Nacional, onde foi cursada a correspondente denuncia.

Por último, durante esta fin de semana foron denunciadas outras tres persoas por conducir baixo os efectos do alcohol e outras substancias non permitidas. Por esa razón serán sometidas a xuízos rápidos en aplicación da lei de Seguridade Vial.