viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

A caída dun muro na Costiña a causa do temporal reaviva as demandas veciñais

O estado actual do muro tras o derrube parcial. DP
O estado actual do muro tras o derrube parcial. DP
Piden o arranxo da estrutura, que continúa en mal estado, encadrada nunha parcela propiedade do Sareb ▶ Sitúase nas inmediacións dun pazo "abandonado" afectado por Patrimonio

O estado de deterioro do muro que linda co camiño da Costiña, situado en Vilalonga, volveu dirixir estes días as miradas da veciñanza do lugar, tras o derrube parcial da estutura a causa do temporal dos últimos días. A riada provocada pola chuvia o pasado mércores tivo como consecuencia o desprendemento de varias pedras do muro, que acabaron no propio camiño, de tránsito veciñal. O Concello de Sanxenxo interviu rapidamente coa retirada dos escombros e asegurando a zona, se ben o estado de deterioro do muro, que non é de competencia municipal, empeorou notablemente, polo que a situación volveu avivar as demandas veciñais que urxen a unha solución para o camiño, que se atopa en mal estado dende hai arredor de dous anos, encadrado nunha parcela propiedade da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria, máis coñecida como Sareb, e que en Sanxenxo é propietaria tamén de varios inmobles. IMG-20201218-WA0009

A comunidade veciñal da Urbanización Ensenada da Toxa xa notificara, hai dous anos, "o estado de abombamento do muro e o perigo de derrube", ao tratarse dunha estutura que, se ben se atopa nunha parcela do ámbito da urbanización, non está dentro do seu réxime administrativo. Así o explicou a presidenta da entidade veciñal, Sandra Fernández, quen tamén asegurou que xa se emitiron varias notificacións tanto ao Sareb como ao Concello, para informar da situación, ante o temor de que a estrutura acabe derrubándose por completo "e poida resultar alguén ferido". O muro linda co camiño que dá acceso ás lagoas, e é un lugar de paso habitual tanto para veciños como para deportistas e paseantes.

A Urbanización Ensenada da Toxa tamén denunciou o estado xeral da zona da Costiña, ao verse afectada pola paralización do proxecto de construción dun hotel que se contemplaba nesa mesma parcela, segundo o convenio do solo urbanizable, e que agora se atopa abandonada, sendo un elemento que contribúe ao feísmo na zona, tras entrar Emprosal 16 (a antiga propietaria) en concurso de acreedores. Nas inmediacións da mesma, sitúase, ademais, o coñecido como Pazo do Toureiro, que se atopa "totalmente abandonado". O pazo en cuestión, afectado por Patrimonio segundo o PXOM, ao igual que podería estar afectado tamén o mesmo muro, xa foi víctima anteriormente dun intento de roubo de varias pedras por parte dunha empresa de Meaño, que acudira ao lugar provista dun camión con grúa para sustraelas. Tras ser notificada a Garda Civil, a entidade tivo que devolver as pedras ao pazo.

A caída dun muro na Costiña a causa do temporal reaviva as demandas...
Comentarios
ç