Detectan un iate semiafundido no porto Juan Carlos I de Sanxenxo

 embarcación será sometida a unha revisión para esclarecer as causas deste feito
O iate semiafundido. CEDIDA
photo_camera O iate semiafundido. CEDIDA

Esta mañá detectouse o semiafundimento dun iate de entre 8 e 9 metros no porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo. Segundo informan fontes visuais, parece que a embarcación comezou a afundirse pouco a pouco ata acadar o estado que se aprecia nas imaxes.

O iate semiafundido. CEDIDA

Nestes momentos, segundo explica Nauta Sanxenxo, estase procedendo a reflotalo con globos de aire para ser trasladado ao foso, para a súa reparación.

Aínda que este tipo de afundimentos adoitan ser frecuentes en embarcacións coma esta, e pódense deber a un déficit no mantemento, dende Nauta apuntan que ata que se realice unha revisión non se poderán esclarecer as causas reais do afundimento.

Comentarios