Deteñen ao narcotraficante arousán Luciano Núñez nun aeroporto de Portugal

Dispúñase a coller un voo a Marrocos cando levantou sospeitas entre as autoridades o seu pasaporte falso

Aeroporto Sá Carneiro de Porto. AEP
photo_camera Aeroporto Sá Carneiro de Porto. AEP

O Servizo portugués de Estranxeiros e Fronteiras detivo ao narcotraficante arousán Luciano Núñez García Nano no aeroporto do Porto. Dispoñíase a tomar un voo a Marrocos, cando o seu pasaporte falso levantou as sospeitas das autoridades lusas.

Núñez será extraditado para cumprir coa orde internacional de busca e captura que ditou a Audiencia Nacional, onde declara este venres. A xustiza española buscaba a este narcotraficante por ter sospeitas de que foi o líder dunha rede de distribución de cocaína no territorio español.

Nano entrara no cárcere trala operación Agre Planeta na que se querían transportar dúas toneladas e media de cocaína no catamarán Non Stop, apresado en 2005 nas Azores. Tamén fora detido polo caso Barrote en 2013, cando fora detido nunha peaxe da AP-9 en Fene con outras catro persoas e na que as autoridades incautaron 70 quilos de haxix polos que se poderían chegar a pagar 300.000 euros no mercado.

Comentarios