Dispositivo especial de tráfico pola Media Maratón de Vilagarcía

Cartel de la Media Maratón. DP
photo_camera Cartel de la Media Maratón. DP

Un ano máis, Vilagarcía acolle unha nova edición da Media Maratón Solidaria, organizada por Zona Aberta, e que terá lugar este domingo. A Policía Local advirte de que durante a celebración da proba permanecerán pecharas ao tráfico rodado todas as rúas que conforman o circuíto, nas que, ademais, deberán quedar libres os estacionamentos. Por razóns de seguridade para os corredores, tampouco se permitirá a entrada e saída de coches dos garaxes situados nas rúas afectadas, polo que se prega a máxima previsión por parte dos veciños que necesiten usar o coche o domingo pola mañá. Es caso de producirse algunha situación de emerxencia, débese contactar coa Policía Local.

A Media Maratón Solidaria desenvolverase entre as 10.00 e as 13.00 horas. A carreira terá a liña de saída e de meta na Avenida Rivero de Aguilar, conformando o circuíto as rúas da Glorieta do cavadelo, Avenida Valle Inclán, Rúa Víctor Pita, Rúa Revenidas, Rúa do Porto e Rúa Avelina Nogueira para regresar pola Rúa Víctor Pita, Avenida Valle Inclán, Rúa Alexandre Bóveda, Rúa Castelao, Praza de Galicia, Rúa Alcalde Rey Daviña, Praza da Constitución, Avenida Rosalía de Castro, Glorieta de Carril, Avenida Rosalía de Castro e Glorieta del Ramal, para rematar en Rivero de Aguilar.

A Policía informa de que a A Mariña pecharase ao tráfico rodado ás 08.00 horas.

Comentarios