Dorrón terá a súa senda cara finais de ano

Investiranse 391.928 euros en cinco quilómetros ? A ruta, para peóns e bicicletas, será homologada pola Federación de Montañismo
Ángeles Vázquez durante su visita a la parroquia de Dorrón, en Sanxenxo. XUNTA
photo_camera Ángeles Vázquez durante su visita a la parroquia de Dorrón, en Sanxenxo. XUNTA
Arredor de medio cento de veciños de Dorrón congregáronse este martes á beira do río en Outeiro para ver cumprido por fin o proxecto que dará resposta a unha demanda histórica que vén, tal e como aseguraron algúns deles, "dende hai 12 anos".

A actuación, que foi anunciada en decembro de 2020, e pola que o Concello leva traballando de xeito intenso dende hai dous anos, terá un prazo de execución de cinco meses e un orzamento de 391.928 euros de fondos europeos e da Consellería de Medio Ambiente para o acondicionamento da vía, de cinco quilómetros. Segundo confirmou a Conselleira, Ángeles Vázquez, está previsto que os traballos comecen o vindeiro mes de maio e, actualmente, queda pendente "só un informe que agardamos axilizar", polo que se todo apunta a que a inauguración terá lugar cara os últimos meses do ano, entre outubro e novembro.

Durante o acto, que tivo un forte carácter veciñal, o alcalde, Telmo Martín, acompañado de varios membros do equipo de Goberno, aproveitou para reivindicar os outros dous "grandes proxectos comprometidos con esta parroquia", como son o campo de fútbol e o campo de festas.

CARACTERÍSTICAS. O equipo de Goberno, membros da Asociación de Veciños de Dorrón e da Asociación Soalleira, así como representantes da Xunta, entre os que se atopaban o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, percorreron este martes parte do traxecto da futura senda fluvial para visitar os muiños de Quintáns e da Costa, que serán dous dos elementos sobre os que se fará énfase á hora de sinalizar o itinerario que, tal e como explicaron dende o ente autonómico, estará acondicionada para peóns e para ciclistas.

Neste sentido, haberá dez paneis informativos ao longo da ruta e outras dúas unidades de cartelería cuberta, que se levará a cabo baixo as directrices da Federación Galega de Montañismo, para a súa posterior homologación. Deste xeito, aparecerán indicados puntos de interese como a igrexa de San Pedro, a de San Xoán, o lavadoiro de Outeiro ou o cruceiro de Quintáns.

Membros do Goberno local e da Xunta visitaron os muíños de Quintáns e da Costa. DAVID FREIRE
Membros do Goberno local e da Xunta visitaron os muíños de Quintáns e da Costa. DAVID FREIRE

Nas inmediacións dos muíños da Costa e Freixeiro habilitaranse áreas recreativas, mentres que o muiño de Barreiro contará cun miradoiro dende o que se visualizará a praia de Areas. O trazado da propia senda será de nova construción na súa maioría, e perfilaranse os tramos xa existentes. Ademais colocaranse barandas, mobiliario urbán e pasos de xabre nas marxes das estradas locais que conectan coas aldeas do entorno, co obxectivo de potenciar o valor turístico do lugar, dinamizando tamén a actividade da media ducia de casas rurais que existen na zona.

Agradecimiento al vecindario de Dorrón

En total, serán 3,57 kilómetros que discurrirán mayoritariamente a un lado del río, entre un paisaje de bosque de ribera en la que predominan los ameneiros y fresnos y que sirve de hábitat para el mirlo blanco y la lavandera. El punto de inicio estará en las cercanías de la playa de Areas, en Bordóns, y el recorrido acabará en el Molino de Xián, localizado ya en Dorrón.

En este sentido y aprovechando la presencia durante la visita de medio centenar de vecinos de esta parroquia, la conselleira agradeció su "gran implicación" en el proyecto, que se tradujo en casi 280 cesiones de terrenos particulares con el fin de que se pudiesen incorporar al trazado definitivo y alargar así el itinerario.

En la misma línea, también el alcalde de Sanxenxo destacó el apoyo vecinal a la futura senda. "Si no había sido por esas 300 personas de Dorrón que firmaron y cedieron terrenos, este proyecto no sería una realidad", declaró Telmo Martín, que se mostró convencido de que en un ayuntamiento en el que "más del 80% de la economía" está basada en la actividad turística, esta nueva ruta servirá para potenciar aun más "un turismo de calidad".

Comentarios