viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Dous detidos por fuxir dun control colisionando con dous coches patrulla en Vilagarcía

Un vehículo de la Policía Local de Vilagarcía. DP
Un vehículo da Policía Local de Vilagarcía. DP
Os individuos están acusados de atentado á autoridade, por un delito de danos e outro de conducción temeraria

A Policía Local de Vilagarcía detivo na madrugada do domingo a dous veciños da localidade tras fuxir dun control do toque de queda colisionando o seu turismo cos dous coches patrulla que lle deron o alto en distintos puntos do municipio. Os detidos son o condutor do vehículo V.D.C, de 30 anos, e o acompañante S.P.G de 33 anos, que foron acusados por atentado a autoridade, por un delito de danos e outro de condición temeraria, e o condutor, tamén por negativa a practicar a proba de alcoholemia. A maiores cursarase acta por infrinxir o toque de queda.

Os feitos aconteceron ás 01.15 horas da madrugada do domingo, 18 de abril, cando unha patrulla da Policía Local detectou un vehículo na Rúa Real, de Trabanca Badiña, ocupado por dúas persoas. Dada a hora, os axentes déronlle o alto para comprobar si tiñan causa que xustificase o incumprimento do toque de queda.

Nese momento, e segundo consta no atestado, o condutor acelerou bruscamente para evadirse da Policía, colisionado coa parte traseira do coche patrulla e fuxindo en sentido contrario ao da dotación. Alertados dos feitos, un segundo coche patrulla detecta ao vehículo fuxido na Rúa O Pino, onde lle volven a dar o alto, facendo caso omiso e colisionando tamén con este outro coche patrulla polo lateral dereito na súa escapada cara a rotonda da Luz Salgada e Rodrigo de Mendoza. Finalmente, esta mesma patrulla alcanza aos fuxitivos á altura do parque de Celso Emilio Ferreiro, logrando inmobilizar ao vehículo e identificar aos dous ocupantes.

Tras ser convenientemente informados dos seus dereitos e en vista de que V.D.C. o condutor desprendía un forte cheiro a alcohol, deambulaba vacilante e presentaba dificultade na fala, os axentes requírenlle a realización da proba de alcoholemia, ao que se nega, sendo informado tamén das consecuencias legais desta negativa.

Os detidos foron entregados ao Corpo Nacional da Policía, que instrúe as correspondentes dilixencias para a súa posta a disposición xudicial. O vehículo foi trasladado ao depósito municipal e o maletín localizado no rexistro do mesmo e que contiña diversa cuchillería, tamén se entregou en Comisaría.

Dous detidos por fuxir dun control colisionando con dous coches...
Comentarios
ç