viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Un empresario cambadés lanza tés ecolóxicos en botella

Iago Radío con una botella de Bilurico. DP
Iago Radío con una botella de Bilurico. DP

Iago Radío é pioneiro na produción de infusións naturais de Galicia

Iago Radío estivo vivindo seis anos no Reino Unido, pero finalmente decidiu volver a Galicia: a morriña é o que ten. Ainda así, trouxo con el moitas cousas, entre elas, a afección polo té: abriu a súa propia empresa de infusións, Tés Paporroibo, na que as palabras ecolóxico e natural son o que diferenzan o seu produto.

Emprender neste sector pode parecer difícil, sobre todo nun mercado como o español, que non se caracteriza precisamente polo consumo de infusións. Con todo, "cada vez o mercado do té é máis gande e hai máis xente que o consume, aínda que obviamente o café é o que máis se toma", asegura Iago. Ademais, afirma, a xente está en busca de sabores novedosos, que é o que este emprendedor galego ofrece.

Agora, aventúrase cun novo produto: Bilurico, infusións frías embotelladas. Iago explica que a idea naceu "o ano pasado nalgunhas feiras, cando preparaba o noso té e o servía frío. A verdade é que tivo moi boa acollida. Entón, decateime de que hai un nicho de mercado de xente que buscaba bebidas saudables para consumir frescas". De feito, cre que hai persoas ás que non lle gustan os refrescos ou o viño, e "que están buscando unha bebida refrescante e rica que pedir nun restaurante, porque pedir un auga é algo moi soso", ri.

A pesar de ser un produto envasado, dende Paporroibo aseguran que seguen respectando o ecosistema e a natureza. "Temos moita conciencia sobre o noso entorno, o plástico está xerando moitos problemas medioambientais", e é por iso polo que no seu produto utilizan vidro reciclado, que é máis barato que o de sílice. "Na alimentación convencional bótanse moitos sulfatos que ao final quédanse no noso organismo, mentres que nos produtos ecolóxicos non se acumula ningunha sustancia tóxica", explica Iago, defendendo así a súa característica diferenciadora do resto de refrescos da competencia.

Por outra banda, Radío destaca que o seu produto é case artesán: "É coma se fas unha taza de té, pero en lugar de ser para unha persoa faise con 1.500, pero o proceso é o mesmo: infusionamos as herbas e despois embotellámolo", a diferenza de outras marcas, que afirma que so disolven po en auga.

Iago considérase pioneiro deste tipo de bebidas infusionadas. "En Galicia é un produto único. No resto de España si hai outras empresas deste tipo, pero bótanlle moito máis endulzante". Sen embargo, si recoñece con ilusión que non é dos primeiros en sumarse á produción ecolóxica en Galicia e afirma que esta está crecendo moito, sobre todo en agricultura.

O novo produto aínda ten unha dispoñibilidade reducida en Galicia, posto que so pode atoparse nun establecemento de Cambados e noutro de Sanxexo, a pesar de que, por exemplo, en Cataluña xa conseguiron distribuidores para as catro provincias e tamén lograron mandalo ás Illas Canarias. Isto é unha mostra da ambición e proxección do cambadés, que trata de non limitarse só ao mercado galego. De todos os xeitos, Radío vese optimista e cre que Bilurico pronto poderá atoparse en máis sitios da Comunidade.

Un empresario cambadés lanza tés ecolóxicos en botella
Comentarios