O Enterro da Galiña de Ribadumia e as comparsas de A Illa danse cita no Salés esta fin de semana

Hai sete comparsas inscritas no concurso que terá lugar o domingo no Auditorio de A Illa
Enterro da Galiña en edicións anteriores. CEDIDA
photo_camera Enterro da Galiña en edicións anteriores. CEDIDA

O Piorno será o punto de partida das sete comparsas inscritas no concurso que terá lugar este domingo no Auditorio de A Illa, e que servirá de despedida a unha semana de Entroido. Ás 17.00 horas, os grupos deberán comezar o seu desfile cara o escenario, polo que pasarán Marajota e Media, de Vilaxoán; Nenos Cantores da Coral Polifónica do Cacajuete, de O Grove; a comparsa Migueliana e MDA, de A Illa; Los lunes al col, de Cambados; a comparsa da ACD Dorna e a comparsa O Cano, de A Illa.

En Ribadumia, o sábado será a quenda do Enterro da Galiña, organizado pola Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes, e que terá lugar a partir das 19.00 horas no Centro Social de Barrantes, onde se velará á galiña, para saír en desfile co seu ataúde con música da Agrupación Músico-Cultural.

Comentarios