A entrada a Sanxenxo dende O Grove eliminará o stop para evitar accidentes

Neste punto da VG 4.1 prodúcense numerosos accidentes e retencións
photo_camera O actual sinal de stop na entrada a Sanxenxo dende O Grove. CEDIDA

O proxecto de mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións AG-41 coa PO-504, en Sanxenxo, entra na fase de información pública, segundo publicou onte o Boletín Oficial do Estado (BOE). Trátase dun paso máis para acometer unha obra que está financiada íntegramente pola Xunta de Galicia, na que se eliminará o sinal de stop situado na entrada a Sanxenxo dende O Grove. Este sinal sustituirase por un carril de incorporación, que ten como obxectivo principal aliviar o tráfico da zona, así como disminuir a concentración de accidentes, segundo informou Goberno local, posto que se trata dun punto moi conflictivo da vía VG 4.1.

O proxecto contempla a modificación do ramal existente, partindo da estrutura sobre a actual PO-504, eliminando o stop, e dotándoo dun carril adicional. Con esta acción conseguiríase aumentar a capacidade da vía. Segundo reza o proxecto, a solución é compatible co futuro desdobramento da VG 4.1 (AG 41) — A Lanzada (PO-550). O proxecto de construción de mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións AG-41 coa PO-504 aprobouse de xeito provisional o 24 de outubro de 2019 por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas.

O Goberno local baralla que a actuación extenderase ata o verán deste ano 2020, aínda que non confirmou un prazo fixo para a finalización da obra, que contibuiría a mermar a sinestralidade nese punto de entrada a Sanxenxo.

EXPROPIACIÓNS. A obra de mellora da entrada a Sanxenxo dende O Grove requerirá a expropiación de nove terreos, oito deles urbanos e un rústico, cunha superficie catastral de 14.530 metros cadrados en total, dos que están afectados un total de 841 metros cadrados de solo urbano e 475 con ocupación temporal. Neste sentido, tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra, para que estes presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos seus bens e dereitos.

Comentarios