A EOXI defende a xestión sanitaria desenvolvida na comarca do Salnés

Préstase asistencia en 16 centros de saúde e consultorios e catro Puntos de Atención Continuada
Imaxe de arquivo dunha ambulancia. DP
photo_camera Imaxe de arquivo dunha ambulancia. DP

A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e O Salnés defende e xestión permanente da Atención Primaria a súa firme defensa da sanidade pública en Arousa. O departamento autonómico lembra que a comarca do Salnés (á que se lle engade Catoira) ten 108.385 Tarxetas sanitarias individuais (TIS), das que 14.130 son menores de 15 anos.

No que atinxe á súa Atención Primaria, préstase asistencia en 16 centros de saúde e consultorios e catro Puntos de Atención Continuada que contan cun total de 97 facultativos, dos cales 58 son médicos de familia de Centros de Saúde, 15 son pediatras e 24 son médicos de familia de Puntos de Atención Continuada, explicou onte a Xunta de Galicia a través dun comunicado.

"Estas cifras reflicten unha dotación adecuada e a prestación dunha asistencia de calidade", afirma o ente autonómico. A EOXI admite que se deron algunhas incidencias provocadas pola ausencia dun 30% da plantilla por vacacións, as ausencias imprevistas de profesionais en activo e a limitación do número de efectivos nas listas de vinculación temporal para efectuar substitucións.

Comentarios