O espírito do Nadal invade Vilalonga nunha andaina solidaria de récord

O colectivo organizador da cita, Os Cruceiros, conseguiu acadar a cifra de 411 dorsais distribuidos este ano, 100 máis que na pasada edición ▶ As actividades continúan o sábado 9
Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS
photo_camera Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS

Dende que viu a luz por primeira vez hai tres anos, a Aldea de Nadal de Vilalonga non fixo máis que medrar, ata lograr integrar a toda unha parroquia que vén de celebrar un novo éxito: ata 411 dorsais repartidos na súa andaina solidaria, que o domingo sacou á rúa a maiores e pequenos a partes iguais, e que supuxo sumar 100 participantes máis que o ano pasado, segundo explicou a presidenta da asociación veciñal organizadora, Os Cruceiros, Marta Caneda.

Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS
Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS

No que foi un dos días grandes dunha programación á que aínda lle queda por diante todo un mes de actividades, a andaina en beneficio da asociación Bicos de Papel percorreu as rúas da parroquia durante a mañá, nunha comitiva con espectáculo móbil a bordo dun remolque habilitado para a ocasión, que foi seguido polos máis cativos nas primeiras filas, e polos adultos detrás, que non dubidaron en bailar polas rúas ao son da música.

Unha vez finalizado o itinerario, que espertou curiosidade pola numerosidade do grupo e a vestimenta especial da maioría dos seus integrantes, que levaron gorros de Papá Noel, a sesión vermú rexistrou tamén un grande éxito, e mesmo contou con polbeiro. Pola tarde, a actuación de Os Cruceiros de Vilalonga na carpa e a chocolatada reuniron tamén a un numeroso público, que puido visitar, ademais, o mercadiño solidario disposto durante toda a xornada, en beneficio da mesma entidade.

Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS
Asistentes á andaina solidaria e ás actividades que se celebraron no primeiro día grande da programación. DS

As actividades, que se alongarán ata o vindeiro 5 de xaneiro, continuarán durante a fin de semana na Aldea de Nadal, que recibirá o sábado 9 a visita de Papá Noel, que tivo que ser adiada para esta data por mor da choiva. Ademais, o domingo día 10 terá lugar unha exposición de pintura a cargo de Barbi e o luns 11 haberá un obradoiro de centros de Nadal baixo a carpa habilitada para a ocasión. 

Comentarios