Falece o Almirante Francisco Rapallo, fillo predilecto de Vilagarcía

Os restos do militar descansarán no cemiterio municipal de Rubiáns
Almirante Rapallo. EUROMARFOR
photo_camera Almirante Rapallo. EUROMARFOR

O Almirante Francisco Rapallo Comendador, fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa, faleceu este xoves aos 79 anos de idade. Os seus restos descansarán no cemiterio municipal de Rubiáns. 

O goberno municipal da localidade transmitiu as súas condolencias á familia. "A noticica causou un fondo pesar no Concello tanto pola perda persoal como polo que representaba un vilagarcián que acadou os máis altos postos da Armada Española servindo ao país e levando o nome de Vilagarcía con orgullo en todos os destinos nos que desempeñou a súa labor", explican desde o Concello. 

Francisco Rapallo naceu en Vilagarcía o 29 de decembro de 1940, e ingresou na Escola Naval aos 15 anos. Despois de finalizar os seus estudos, navegou como alférez e tenente de navío en varios buques da Armada. Foi escalando postos e exerceu como Capitán de corbeta, de fragata e de navío, para acabar accedento ao grao de Contralmirante , Vicealmirante e Almirante, un escalafón que logrou no ano 1998. 

"Por todos estes logros na súa carreira militar e por levar sempre presente o nome de Vilagarcía, o Concello concedeulle en agosto do 2000 a distinción de Fillo Predilecto da Cidade", contan desde a entidade municipal.

Comentarios