Falecen dous cans tras incendiarse un piso no Grove

Ningunha persoa resultou ferida, ardeu a campá extractora e víronse afectados os mobles e a cociña do piso.

Dous cans morreron esta tarde despois de incendiarse unha vivenda situada na Rúa de Castilla León, no concello do Grove.

Ningunha persoa resultou ferida, ardeu a campá extractora e víronse afectados os mobles e a cociña do piso.

Ao redor das 15.30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar de que saía fume do seu piso. Aseguraba que non había persoas afectadas pero que tiña dous cans no interior da vivenda.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo. Tamén, foron informados os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade, que colaboraron nas tarefas de extinción.

Tras apagar o lume, os servizos de extinción ventilaron a vivenda e confirmaron o falecemento dos dous animais.