A Feira da Cebola resiste ao coronavirus

Sanxenxo celebrou a XXXVIII edición da emblemática festa, que se levou a cabo cun meticuloso protocolo de medidas anticovid
2020090511263889114
photo_camera A Feira da Cebola. DAVID FREIRE

O bo tempo acompañou este venres á celebración da tradicional Feira da Cebola e Santa Rosalía en Sanxenxo que, baixo un estricto protocolo de medidas anticovid, puido cumprir coa XXXVIII edición da súa emblemática tradición ceboleira.

Si se fixo notar a restricción de aforo de 400 persoas que, xunto coa actual situación sanitaria, recaiu "nas ventas, que non son coma os outros anos", explicou a vendedora Encarna Cacabelos que, a pesar diso, admitiu que "polo menos púidose facer. Non hai tanta xente e a cousa vai despacio, pero algo vendín". Encarna, que tamén pinta as cabazas que ela mesma pranta e colleita na súa horta, e que constituíron este ano un dos atractivos máis singulares da feira, terá que agardar ata o vindeiro ano, se a situación sanitaria o permite, para "gañar o premio da figura", que nesta edición non se puido levar a cabo, e que é unha das súas ilusións.

A cita contou coa participación de 41 postos de produtos da horta e un aforo limitado

Durante a mañá e ata o mediodía de onte, veciños e visitantes accederon ao recinto da feira, cuxo acceso estivo controlado en todo momento, para visitar os 41 postos que acolleu. O percorrido, que estivo marcado e delimitado, permitía avanzar nun sentido, dende o inicio ata o final, cun amplo treito de separación que asegurou que a xornada avanzara sen ningún tipo de problema, sendo posible respetar as medidas de distanciamento social e de prevención en todo momento, incluso no momento máis forte do mediodía cando, anecdóticamente, se formou cola no acceso.

CURIOSIDADES. Todo sanxenxino que se precie non perdeu a ocasión de pasear pola Feira da Cebola antes ou despois do vermú. Entre os asistentes á tradicional cita non faltou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que acudiu a visitar os postos acompañado da concelleira de Cultura, Paz lago, e do edil de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, para comprobar in situ a boa calidade do produto local. Durante a xornada, tamén se deixou ver o edil de Medio Ambiente, Juan Deza, e varios membros da corporación municipal, que non puideron resistir a tentación de botar un ollo ás curiosidades desta edición.

Unha delas, e das máis comentadas, foi o atrezzo dun dos postos, do que é responsable o vendedor Rafael Otero, que ofertou o seu produto franqueado por dúas cadeiras, que á vez fixeron de soporte dos canastos de cebolas, que contaban cada unha con 200 anos de antigüidade. E é que ambas pezas, que foran propiedade dos seus antepasados, foron rescatadas e restauradas por Otero, que as salvou de acabar nun punto limpo. A madeira de carballo e a carga sentimental fan delas pezas únicas. "Pareceume boa idea traelas este ano, que foi cando pasaron ao meu poder, e compartilas cos visitantes e veciños", conta Otero, para quen as vendas deste ano "diferente", e no que "temos que adaptarnos á situación da covid", non resultaron malas ao longo da xornada. "A xente anímase, e aínda que teñen un pouquiño máis de medo e de precaución, viñeron dar unha volta".

As cebolas brancas e vermellas, de Sanxenxo, Noalla e arredores, foron, sen dúbida, as grandes estrelas dunha xornada atípica, pero segura para todos os veciños e visitantes.

DAVID 13 HORAS ///// Entre las 10 y las 14. A las 10.30 va telmo, la hora fuerte es a las 12. Tirando para las 14 no habrá mucha gente. Ás 10.30 o alcalde Telmo martin e a concelleira visitan a Festa da cebola. Tamén fotos para gráfica Festa da Cebola e Santa Rosalía en Sanxenxo., viernes, 4 sept · 13:00–14:00

Comentarios