jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

A Feira Multisectorial de Portonovo abre as súas portas entre queixas

Os vendedores acabando de montar os seus postos. GONZALO GARCÍA
Os vendedores acabando de montar os seus postos. GONZALO GARCÍA
Durante a fin de semana, os postos foron abrindo de forma escalonada

A Feira Multisectorial de Portonovo vén de abrir este fin de semana as súas portas. Tras semanas de incerteza e de non saber cando se ían montar as casetas ou cando se poderían instalar os vendedores a espera chegou ao seu fin.

O pasado martes dábase a coñecer cal sería finalmente a empresa adxudicataria encargada da montaxe desta feira. Sen perder máis tempo o venres xa comezaron os traballos de montaxe das casetas . Ao longo do día os feirantes puideron acceder e colocar os seus produtos para poder abrir canto antes. De feito, á última hora da tarde, algúns xa estaban listos e comezaron a ter as súas primeiras vendas.

Pero non todos foron tan rápidos. Durante a fin de semana, os postos foron abrindo de forma escalonada conseguindo case todos estar a disposición do público durante a tarde do sábado.

QUEIXAS. Pero a pesar de que a feira xa está operativa os comentarios non cesan. Veciños e comerciantes queixanse de que "la feria de verano de Portonovo comienza con un retraso de 22 días y no sólo se quedan tan anchos sino que, al parecer, se niegan a descontar la parte proporcional por no haber trabajado esos días".

Os feirantes tamén se queixan de que "prácticamente todo el mundo que viene de fuera había alquilado las casas, con lo cual ha de pagar el mes de julio sin haber trabajado ni habitado los pisos", o que repercute economicamente nos vendedores que elixiron a Feira Multisectorial de Portonovo como lugar onde establecer os seus postos durante o verán.

A Feira Multisectorial de Portonovo abre as súas portas entre queixas
Comentarios