O festival Revenidas presenta as datas da súa edición de 2024

Celebrarase en Vilaxoán os días 12,13,14 e 15 de setembro
Concierto de Heredeiros da Crus en el pasado festival Revenidas. GONZALO GARCÍA
photo_camera Concierto de Heredeiros da Crus en el pasado festival Revenidas. GONZALO GARCÍA

O festival Revenidas xa ten datas para a súa edición de 2024. Celebrarase dende o xoves 12 ata o domingo 15 de setembro. O recinto, ao igual que nos últimos anos, será a explanada do porto de Vilaxoán e o anexo parque de Dona Concha.

Nos vindeiros días o Revenidas sacará á veda os primeiros abonos e anunciará a algúns dos artistas que conformarán o seu cartel.

O festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.

Comentarios