Fin de semana chea de viño en Meaño

O municipio do Salnés clausura este domingo a XXI edición da festa na que, desde o venres, vinte bodegas están a ofrecer os seus mellores caldos para goce de veciños e visitantes
Asistentes a unha cata na Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA
photo_camera Asistentes a unha cata na Festa do Viño de Meaño. GONZALO GARCÍA

A Praza do Concello de Meaño acolle desde o venres a XXI edición da Festa do Viño co obxectivo de dar a coñecer os caldos elaborados nesta localidade. Un gran número de persoas está a gozar deste encontro, que conta coa participación dunhas vinte bodegas da comarca de grande importancia para o tecido empresarial do concello e arredores.

Entre as actividades programadas, as catas e as degustacións están a ser o máis concorrido do evento. Nas dúas primeiras xornadas houbo dúas catas de acceso libre e gratuíto, unha de viños vellos dirixida por Isma López, do Restaurante Casa Solla, e outra de tintos e espumosos, a cargo de Manuel Méndez. Este domingo faise a primeira Cata a Cegas, na que os participantes terán que adiviñar tódolos datos do viño a través do gusto e do olfacto.

SALNES Cata de vinos viejos en la Festa do Viño de Meaño Pazo de Lis Meaño (_G4A5711.JPG)
Asistentes a unha cata. GONZALO GARCÍA

O alcalde da vila, Carlos Viéitez, detaca que a festa "é unha cita familiar" na que se fixo un programa adaptado para todas as idades e convidou a toda a comarca a "descubrir os sabores e aromas da nosa terra, capturados nunha botella de cristal para acariciar paladares". "O viño ten que ser algo máis que un produto, pontenciando así o enoturismo en toda a contorna do Salnés", engadiu o rexedor.

O encontro, que ata o de agora contou coas actuacións de Guadi Galego, Treixadura, charangas e pasarrúas, conclúe este domingo co pregón a cargo da xornalista Patricia Pardo e unha verbena amenizada polo Grupo América de Vigo a partir das 22.00 horas.

Comentarios