Unha fuga de gas nun sumidoiro obriga a desaloxar un edificio en Cambados

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia, a Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil
Rúa Manuel Murguía. GSV
photo_camera Rúa Manuel Murguía. GSV

Unha fuga de gas nun sumidoiro obrigou esta tarde a desaloxar, por precaución,  ás vivendas dun edificio da Rúa de Manuel Murguía, en Cambados.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ribadumia, a Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil, tras ser alertados polo 112 Galicia nada mais recibir o aviso dun particular, ás 16.00 horas. Tamén, os xestores do 112 deron coñecemento dos feitos ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.

Unha vez no punto e despois de facer as correspondentes medicións, que deron negativas, os Bombeiros confirmaron que as persoas desaloxadas xa volveran ás súas vivendas.