miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrará as vodas de prata da súa gala anual no Auditorio municipal

O evento terá lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía. C. M.
O evento terá lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía. C. M.

O evento terá lugar o vindeiro vneres e contará coa actuación de 'Los Duendes'

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico realizará o vindeiro venres, a partir das 20.30 horas no Auditorio municipal de Vilagarcía, a súa gala anual. Nesta ocasión tratarase dun evento máis especial do normal xa que será a súa vixésimo quinta edición, polo que contará con música e cun recordo "polos que xa non están", explicou o presidente, Manuel Couceiro.

Estas particulares vodas de prata estarán presentadas polo xornalista da TVG Manuel Torrente e contarán coa animación musical de Los Duendes.

"Este ano esta data é bastante emotiva e agradecida. (...) Este colectivo comezou nos anos 90 como plataforma e en 2002 converteuse en fundación a nivel autonómico. Sempre estivo chea de xente boa e ogallá que lle queden poucos días a esta formación. Iso significará que o narcotráfico, o branqueo de capitais e as redes criminais que operan por mar e por terra deixan de ser un problema, pero polo de agora cónstame que é imposible", comentou Couceiro.

O responsable da fundación animou a que a veciñanza participe neste acto para "celebrar que somos xente de ben e que en Galicia e na Arousa trabállase por un mundo mellor na prevención, na educación, nas unidades terapéuticas, nos cárceres ou nos concellos".

A entrada será gratuíta ata completar o aforo pero para garantir o seu ingreso, os interesados deben achegarse a locais asociados para conseguir unha entrada.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrará as vodas de...
Comentarios