O Goberno local aproba unha modificación do proxecto de Sobrán

A obra xa está executada nun 80% e en principio os cambios non deben afectar ao prazo de execución, previsto para finais do mes de novembro ▶ A variación, xustificada nos imprevistos ao ir abrindo o terreo, permitirá mellorar as canalizacións de distintos servicios
O alcalde e a presidenta da Deputación percorrendo o vial en obras. DP
photo_camera O alcalde e a presidenta da Deputación percorrendo o vial en obras. DP

A proposta do técnico director da obra, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto modificado da rúa Sobrán, por valor de 83.400 euros, preto do 20% do total previsto para o proxecto, 720.500 euros. Nestes momentos, está executado arredor do 80% do total. As obras a engadir se xustifican polos problemas que foron xurdindo unha vez que as máquinas comezaron abrir o terreo: desde conducións en moi mal estado ata afloramentos de rochas non previstos, pasado por cambios no deseño das redes de telefonía. Ademais de resolver eses problemas, a modificación do proxecto permitirá non só mellorar as redes existentes senón crear novas canalizacións subterráneas de servizos eléctricos, telecomunicacións, alumado público, abastecemento de auga, e saneamento y pluviais.

Na súa proposta, o técnico autor do proxecto e tamén director da obra lembra que os servizos da rúa Sobrán son moi antigos e viñan provocando continuas reparacións de atascos e roturas por parte do Servizo de Obras. A isto se lle sumaba unha capa de rodamento totalmente desfeita, con beirarrúas de distintos tipos e anchos insuficientes. De aí que o novo proxecto previra non só reemprazar todas as instalacións senón tamén crear un novo vial de plataforma única e preferencia peonil, con velocidade máxima para os vehículos de 30 kms/h.

Sen embargo, no transcurso da obra, adxudicada a Montajes JM Iglesias, SL, puideron comprobarse distintos problemas, imposibles de detectar cando se redactara, primeiro, e adxudicara, despois, o proxecto e as obras. Por exemplo, o movemento de terras: a medida que se foi avanzando comezaron a aparecer afloramentos de rochas, non previstos inicialmente.

A substitución da rede de abastecemento de auga tamén foi necesario modificala. En principio prevérase unha canalización de PVC de 110 milímetros de ancho con acometidas a unha banda e outra do vial. Sen embargo, unha vez aberto o terreo e comprobada a gran cantidade de tubaxes existentes, moitas en moi mal estado, chegouse á conclusión de que era mellor crear unha canalización a cada marxe, en ambos casos de 75 milímetros. Como consecuencia, tamén, o reforzo de morteiro fluído para reencher as vellas instalacións, evitando futuros afundimentos do vial.

Por outra parte, cando xa se licitara a obra, Telefónica de España, SAU remitiu o deseño proposto para as canalizacións de telecomunicacións, que non coincidía exactamente co previsto inicialmente. Por último, o técnico considera que deben aproveitarse esas novas actuacións para reforzar todas aquelas canalizacións que se soterren a máis de 60 centímetros de profundidade, para evitar futuras roturas.

Malia as modificacións a realizar, tanto a empresa como o técnico director da obra estiman que poderá cumprirse cos prazos previstos, é dicir, para finais de novembro. Nestes momentos, xa está executado arredor do 80%. O final, é dicir, crear a capa de rodamento propiamente dito a base de formigón, necesitará moi pouco tempo, fronte a todo o que supuxo levantar o pavimento actual e substituír todas as redes de servizos.

XXI», sentenciou a presidenta.

Comentarios