O Gran Talaso HotelSanxenxo inicia este luns a III Semana Gastronómica do Arroz

O luns 25 presentaránse as xornadas na que o chef Galbis preparará a auténtica paella valenciana cociñada sobre leña de laranxeira nunha rellada especial ao aire libre

Joan Tamarit, o mestre arroceiro que protagonizou a Semana do Arroz do Talaso no 2017. ALBA SOTELO
photo_camera Joan Tamarit, o mestre arroceiro que protagonizou a Semana do Arroz do Talaso no 2017. ALBA SOTELO

O Gran Talaso Hotel Sanxenxo celebrará entre os días 26 de xuño e 1 de xullo a terceira edición da Semana Gastronómica do Arroz coa presenza do mestre arroceiro Juan Carlos Galbis Olivares.

Gañador de varios premios internacionais de cociña, como o 1º Premio de Paellas de Sueca e primeiro estrela Michelín de Valencia, será o encargado de dirixir os fogóns durante esta cita gastronómica.

O luns 25 terá lugar unha presentación das xornadas na que Galbis preparará a auténtica paella valenciana cociñada sobre leña de laranxeira nunha grellada especial ao aire libre.

O chef combinará a técnica de elaboración dos arroces valencianos con produtos galegos de primeira calidade en infinidade de variedades, pero con tres formas de cocción: paella, arroz ao forno e arroz meloso. Na extensa carta atoparanse opcións tan exquisitas como o arroz meloso negro con vieira, arroz meloso mariñeiro (con peixes e mariscos da ría), arroz ao forno de verán (xudías, pataca, chourizo, tomates, touciño), paella de coliflor e costelas, paella de verduras vexetariana, arroz meloso de bacallau e follas verdes, paella de " Senyoret" (marisco e rape), arroz mouro ao forno, paella de "A Reconquista" (bacallau, chícharos, pementos), paella valenciana con "Pilotes", arroz meloso con anguías e chícharos, arroz ao forno con " Pota de Vedella", arroz ao forno con pato, ou arroz dez delicias, entre moitos outros.

Os comensais poderán elixir entre unha das tres especialidades elaboradas cada día (unha paella, un arroz ao forno ou un arroz meloso). O menú, cun prezo de 30 euros por persoa, constará dun aperitivo na mesa con entrante, un arroz, unha sobremesa do obradoiro do Gran Talaso Hotel Sanxenxo e café, viño Albariño Valtea e auga mineral. Haberá servizos en horario de comida e de cea. As persoas interesadas en asistir a estas xornadas gastronómicas deben realizar a reserva previa chamando ao teléfono 986 691 111 ou enviando un correo electrónico á dirección [email protected].

CHEF. Galbis Olivares naceu en Alcàntara del Xùquer e leva tempo co seu proxecto persoal "A Cuina Mediterránea", en L´Alcudia, onde a súa familia estableceuse hai moitos anos, sendo el da terceira xeración de hostaleiros da familia Galbis. Comezou no sector aos 14 anos e nunca deixou de formarse, tanto en España como no estranxeiro. Mestre do arroz e da cociña autóctona, este chef é capaz de afrontar calquera reto, como levar o pavillón de España na Expo de Sevilla, ser o primeiro estrela Michelín de Valencia ou crear coa súa familia a primeira empresa de Paellas Xigantes do mundo, chegando a lograr o récord Guinnes en 1992 no que serviu 100.000 racións de paella.

Comentarios