Resulta ilesa unha parella de Vilanova que caeu co coche no istmo da Lanzada

O accidente produciuse á altura da rotonda do campo de aviación

Lugar donde se precipitó la furgoneta en A Lanzada. DP
photo_camera Lugar donde se precipitó la furgoneta en A Lanzada. DP

Unha parella de mediana idade resultou ilesa na tarde deste martes tras un aparatoso accidente que se produciu a causa dunha saída de vía na rotonda central da Lanzada, á altura do campo de aviación.

A furgoneta, cos dous ocupantes dentro, naturais de Vilanova de Arousa, precipitouse ao istmo da Lanzada, coa sorte de que marea estaba baixa, polo que os traballos efectuados polos servizos de emerxencias consistiron en liberar ás persoas atrapadas no seu interior, sen que houbera que lamentar maiores danos, salvo o envorcamento do propio vehículo.

A furgoneta, debido á caída, presentaba varios danos materiais.

A Garda Civil de Tráfico, que acudiu ao lugar, informou de que un dos ocupantes do vehículo resultou ileso do aparatoso accidente, mentres que o outro resultou tan so presentaba feridas leves.

Ademais, sometéronse a probas de alcolemia e de drogas, resultando negativas.

Ata o lugar trasladáronse efectivos da Garda Civil, Emerxencias do Grove, a Policía Local do Grove, Emerxencias de Sanxenxo e tamén o 061.