Un incendio calcina por completo unha embarcación no peirao de Vilaxoán

Outro lume queimou parte dunha nave industrial en Navia
Porto de Vilaxoán. GOOGLE MAPS
photo_camera Porto de Vilaxoán. GOOGLE MAPS

Cara ás 1,15 horas deste domingo recibiuse un aviso no 112 de que unha embarcación estaba a arder no peirao de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Os feitos puxéronse en coñecemento dos bombeiros do Salnés e o Servizo Municipal de Emerxencias, ademais da Policía Local. 

Non houbo danos persoais, pero o barco ardeu por completo, segundo informaron os equipos de emerxencias tras terminar as tarefas de extinción. 

Tamén de madrugada un incendio queimou parte dunha nave industrial situada na parroquia viguesa de Navia e dedicada á xestión de residuos, informaron fontes do 112 Galicia.

O incendio da nave viguesa, que afectou a dúas zonas das instalacións, non provocou feridos. O aviso recibiuse ás 4,15 horas deste domingo, cando un traballador da empresa chamou ao 112. 

Activouse un operativo no que traballaron os bombeiros de Pontevedra e axentes da Policía Nacional e Local. Os servizos de emerxencias deron por controlado o incendio a 8.30 horas, pero os bombeiros seguiron no lugar para arrefriar a zona afectada e retirar o material que había no seu interior.