domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

Incertidume entre os comerciantes da rúa Madrid polo cambio de dirección

A rúa Madrid onte, durante a primeira xornada completa co cambio de dirección. GONZALO GARCÍA
A rúa Madrid onte, durante a primeira xornada completa co cambio de dirección. GONZALO GARCÍA
O tramo comprendido entre Cesteiros e Constitución afronta a primeira xornada do novo sentido da circulación cunha opinión dividida entre praceiros e comerciantes da zona

O cambio de dirección nun tramo da Avenida de Madrid completou na noite do pasado venres a súa primeira xornada de funcionamento, tras abrirse ao tráfico o pasado xoves. A alteración do tráfico, cuxa posta en marcha acadou un segundo enlace dende a rúa Madrid ata Progreso, espertou opinións divididas entre praceiros e comerciantes da zona, onde se atopan numerosos establecementos adicados á beleza, á electrónica, á cosmética, á moda infantil ou aos comestibles, entre outros, e que tamén dá acceso á Praza de Abastos de Sanxenxo.

Dende o colectivo de praceiros e praceiras sinalan que o cambio de dirección da rúa no tramo comprendido entre Cesteiros e Constitución "daralle vida á zona". Así o explica o presidente da Praza de Abastos, Higidio Barral, quen, aínda que reserva as súas dúbidas sobre a efectividade para o tráfico, asegura que o cambio será beneficioso "para a organización dos aparcamentos". "A xente vai entrar por Silgar, haberá quen aparque no Porto se hai sitio e quen non. Quen non queira pagar virá para aquí, e nese momento percorrerá toda a rúa Madrid, verá os establecementos, aparcará no parking gratuito e baixará de novo andando por Madrid", sinala. "Hai que probar, a ver que pasa. Vai estar mellor que antes, que tiña unha única saída, e creo que atraerá xente para a Praza. A xente que vive aquí sabe onde está, e a que non, vaina a ver cando pase por aquí", engade Barral.

Porén, parte dos comerciantes que teñen os seus establecementos ao pé da Avenida de Madrid non mostran unha visión tan optimista. "A rúa Madrid está morrendo, e con este cambio de sentido, os 300 metros que quedan ata a rotonda van estar totalmente acabados. A xente vai deixar de entrar, porque terán que ir ata o mercado para ter que ir ata a rotonda de novo. Isto xa nos leva afectando todo o ano dende que se comezaron cos primeiros cambios de dirección, e agora iremos de mal en peor", sinala a responsable dun dos negocios da zona. "Non sei se as ideas do alcalde son boas ou non, pero ten que ter en conta que en Sanxenxo hai dous meses de verán e dez de inverno, nos que nos estamos arruinando totalmente", engade.

"Sería mejor poner las direcciones como estaban antes. Así se está matando la calle. Ya en invierno no se puede venir a Sanxenxo y en verano va a ser peor. La calle Madrid ahora mismo es para la gente que va a la Plaza. Los que tienen que entrar a Sanxenxo van por Silgar para aparcar o dejan los coches en Progreso, esta calle queda totalmente muerta", conta outra comerciante da zona. "Para venir a mi establecimiento los clientes tendrían que dar un montón de vueltas, y directamente no vienen", engade a comerciante, despois dunha xornada na que, asegura, "no noté ningún gran cambio, la calle sigue estando como siempre, y los establecimientos vamos a peor".

Incertidume entre os comerciantes da rúa Madrid polo cambio de...
Comentarios