sábado. 20.07.2019 |
El tiempo
sábado. 20.07.2019
El tiempo

O Maestral Music Festival contará con tres concertos de entrada gratuita

Pablo Alcalá. JOSE LUIZ OUBIÑA
Pablo Alcalá. JOSE LUIZ OUBIÑA

O primeiro dos concertos de balde será o día cinco de agosto e virá da man de Party FM e contará con artistas como Andy y Lucas, Bombay, Lerica ou Atacados.

O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu onte a presentación do Maestral Music Festival na que estiveron presentes o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o director do festival, Pablo Alcalá, e a concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago.

Ademais de todos os artistas xa confirmados, neste acto anunciáronse novidades de cara a esta cita musical. Pablo Alcalá adiantou que debido a gran acollida que está tendo o festival, este contará con tres concertos de entrada libre.

O primeiro deles será o día cinco de agosto e virá da man de Party FM e contará con artistas como Andy y Lucas, Bombay, Lerica ou Atacados. A seguinte entrada de balde será o día dez para ver ao rockeiro galego Andrés Balado, coñecido polo seu recente paso polo programa La Voz.

E, por último, o día trece de agosto, os asistentes poderán disfrutar de Black Light Gospel Choir.

De cara a este festival, os visitantes terán a posibilidade de chegar e abandonar o recinto utilizando os servicios de autobus dispoñibles cada media hora entre as 19:30 e as21 horas e entre as 1:00 e as 2:00 horas da madrugada en ambas direccións.

O Maestral Music Festival contará con tres concertos de entrada...
Comentarios