Maica Larriba recibe en Ribadumia a medalla de Vitepaz

A subdelegada do Goberno participou nun acto de memoria e recoñecemento ás vítimas do terrorismo
GON SUBDELEGACIÓN. Maica Larriba,la jefa provincial de tráfico y el capitán de la GC de Tráfico hacen balance de la campaña de verano, martes, 8 sept · 11:30–12:30
photo_camera Maica Larriba. GONZALO GARCÍA

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu este sábado a medalla da Asociación Vítimas de Terrorismo pola Paz (Vitepaz) nun acto de memoria e recoñecemento ás vítimas do terrorismo organizado por esta asociación e celebrado no Pazo Quinteiro da Cruz de Ribadumia.

Larriba recibiu este recoñecemento xunto a Javier Porras, representante de Vitepaz en Galicia; Pedro Piñeiro; Fátima Abal, alcaldesa de Cambados; e Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa.

Durante a súa intervención, a subdelegada quixo, en primeiro lugar, "agradecer a Vitepaz a distinción outorgada" así como homenaxear "ás 1.421 vítimas mortais do terrorismo e aos case cinco mil feridos que se rexistraron no noso país no últimos sesenta anos. O seu recordo ten que estar sempre na nosa memoria". 

Unha memoria na cal Vitepaz ten un papel fundamental na súa preservación e o seu mantemento, salientou Larriba, porque "as familias e achegados de todas as vítimas saben que o seu recordo está vixente e que o seu enorme sacrificio nunca poderá ser compensado". 

Así mesmo, a subdelegada destacou a débeda que "o noso país ten con todos eles e elas" e lembrou a importancia da aprobación no ano 2011 polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero da Lei de Recoñecemento e Protección Integral ás Vítimas do Terrorismo. "Un marco lexislativo único para garantir a memoria das vítimas e os dereitos das súas familias e achegados" explicou a subdelegada, fundamentado na "memoria, dignidade, xustiza e verdade". 

Comentarios