sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Malestar entre os veciños de Aios e Noalla polo estado da estrada VG 4.1

O estado que presenta a estrada que une Sanxenxo con A Lanzada. CEDIDA
O estado que presenta a estrada que une Sanxenxo con A Lanzada. CEDIDA
SAL pide a limpeza da vía que une Sanxenxo coa Lanzada e o arranxo de todo o valado

O partido Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) fíxose eco do malestar entre a veciñanza de Aios e Noalla polo estado no que se atopa a estrada VG 4.1, entre Sanxenxo e A Lanzada, e denunciou "o abandono" da vía, para a que reclama o arranxo do seu valado perimetral e a limpeza do musgo que xa a comeza a cubrir parcialmente.

SAL asegura que recibiu a chamada de veciños e veciñas de Aios e Noalla, e tamén do Tecor Societario de A Lanzada para trasmitirlles "o seu malestar en primeiro lugar co Concello de Sanxenxo e en segundo lugar coa Xunta de Galicia". Segundo os liberais, a veciñanza denuncia que «o arcén está totalmente cheo de musgo, follas e cortezas e árbores, debido á proximidade do monte» e o Tecor Societario de A Lanzada alerta de que "o valado perimetral da estrada encóntrase en pésimas condicións, e que debido a esto producíronse dez sinistros graves por colisión con animais en 2019, un deles á espera de xuizo".

Os liberais repróchanlle ao Concello de Sanxenxo a súa "pasividade ante a Xunta de Galicia, xa que aínda que a estrada é de titularidade autonómica, correspondelle ao Concello de Sanxenxo alertar da situación da vía á Xunta, e o seu mantemento e conservación é pésimo". SAL explica que «se algún vehículo se ve obrigado a invadir o arcén, ou ten que facer unha freada de emerxencia, vaise atopar con que en vez de frear, o coche vai esvarar mais, e consecuentemente o accidente terá un peor desenlace». Por este motivo, solicita á Xunta «que limpe a estrada e os arcéns da VG-4.1, e que arranxe o valado perimetral» en toda a vía. "De non facelo e producirse un accidente, os responsables serán o presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Sanxenxo", finalizan.

Malestar entre os veciños de Aios e Noalla polo estado da estrada...
Comentarios