Meaño merca 8.000 metros de solo para construír o edificio de usos múltiples

Persegue como obxectivo dar resposta á crecente actividade cultural e social da veciñanza
Momento da sinatura da adquisición dos terreos. DP
photo_camera Momento da sinatura da adquisición dos terreos. DP

O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, vén de formalizar ante notario a compra dos terrenos necesarios para a construción do auditorio-edificio de usos múltiples situados no lugar de As Covas, moi cerca do centro escolar. Trátase dunha parcela de case 8.000 metros cadrados pola que o Concello de Meaño abonou a cantidade de 62.464 euros.

A compra do chan é o primeiro paso para avanzar nun dos proxectos máis ambicioso que afronta o Concello de Meaño neste mandato, que é a dotación dunhas instalacións axeitadas para acoller a intensa actividade cultural e social do municipio, que dean resposta á elevada demanda existente en Meaño. Viéitez, calificou a adquisición dos terreos como un "fito histórico", un momento clave na evolución cultural e asociativa do municipio que o sitúa "na senda definitiva do despegue cultural e social. Dispor dun edificio multiusos é algo imprescindible para Meaño, temos un tecido asociativo moi activo e dinámico e precisamos solventar o problema de espacio que arrastramos na actualidade", valorou.

Comentarios