sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

O mellor fotógrafo de vodas está en Meaño

Unha das fotografías de voda que lle valeu o recoñecemento a José Mosquera. JOSÉ MOSQUERA
Unha das fotografías de voda que lle valeu o recoñecemento a José Mosquera. JOSÉ MOSQUERA
José Mosquera vén de ser recoñecido pola web especializada Flecha en blanco como o profesional máis destacado do sector en 2020

A clave, para o fotógrafo José Mosquera, está na naturalidade. "A lembranza dese día para a parella non pode ser a dun fotógrafo dicíndolle o que ten que facer", explica. "Para min, as imaxes que valen son as que retratan lembranzas de verdade". E segue: "Eu entendo que hai fotógrafos que prefiren dirixir o que sucede, controlar o que se vai ver nas fotos, que todo saia como teñen pensado... Pero eu non traballo así. Son unha testemuña máis da voda. A idea é contar ese día tal e como pasa, sen intervir": 

José Mosquera (Vilagarcía, 1979) vén de ser escollido mellor fotógrafo de vodas do ano 2020 pola web Flecha en blanco (flechaenblanco.es). Este portal é unha sorte de comunidade de fotógrafos especializados en enlaces, coa particularidade de que non realizan posados. "O que nos caracteriza é que só facemos fotos que captan momentos espontáneos", explica o fotógrafo.

Arredor de 200 profesionais de España e de Latinoamérica forman parte desta comunidade que conta cuns editores que, cada mes, elixen as mellores imaxes que lle chegan. Ao final de decembro, o autor que tivera máis fotos seleccionadas recibe o recoñecemento de fotógrafo do ano. "Esta vez fun eu con 36 imaxes. En 2019 xa quedara en segunda posición, a unha foto do primeiro. Desta vez foi a vencida", conta José Mosquera. "E foi toda unha alegría nun ano tan complicado coma este. Fixéronse moi pouquiñas vodas". El tiña máis de 20 contratadas. Di que finalmente fixo tres. O resto quedou aprazado. "Así que o recoñecemento foi un empurrón". 

Fotógrafo autodidacta, José Mosquera está afincado en Dena, Meaño. Alí ten a súa empresa de fotografía, Visualgal (www.visualgal.com). "Eu, en realidade, era soldador. A fotografía era unha afección. Gustábame, pero nada máis. Ata que celebrei a miña voda". Iso foi hai 12 anos. Durante o seu enlace fixouse no traballo do fotógrafo e gustoulle. Seguiu en contacto con el e comezou a axudarlle as fins de semana. "Cando chegou a crise e fun ao paro pensei que era o momento de probar en serio con isto, ver se me podía adicar profesionalmente á fotografía". 

Sin nombreDende entón non parou. "Hai dous anos, podía vivir perfectamente das vodas que contrataba. Coa pandemia, todo cambiou. Xa tiña feito fotografía de empresa, fotografía familiar... pero este último ano houbo que poñerlle máis énfase, conseguir máis clientes nestes ámbitos, volver a reinventarse dalgunha maneira, para poder seguir tirando". Branco e negro ou cor? "Depende o que che pida a foto. Eu teño etapas. O branco e negro resalta quizais un chisquiño máis a emoción, porque elimina as distraccións". 

O mellor fotógrafo de vodas está en Meaño
Comentarios
ç